1.
Coñecer o relevo de España, e localizar no mapa elementos principais.
2. Recoñecer a influencia do ser
humano, discriminar as características dun espazo protexido e inferir a
necesidade da súa conservación.
3. Utilizar diferentes fontes de
información para a análise de feitos ou fenómenos e expresar e aprender os
contidos das Ciencias Sociais.
4. Desenvolver valores como a responsabilidade,
a capacidade de esforzo e a constancia no traballo.
5. Utilizar e ver o traballo en
grupo como fonte de crecemento persoal e social fomentando valores de
tolerancia e respecto de ideas e opinións, e resolvendo conflitos por si sos.
6. Ter capacidade de creatividade
para afrontar os problemas da vida propoñendo solucións emprendedoras.
7. Discernir a importancia de
medios de comunicación, publicidade, comunicacións e transportes e o seu
impacto na vida das persoas.
8. Reflexionar sobre a nosa democracia a través do coñecemento da
Constitución de 1978.
9.
Interiorizar os dereitos humanos e os valores distintivos da sociedade
valorando e respectando a súa aplicación.
10.
Comprender a situación de España na Unión Europea..
15.
Afondar no coñecemento da Prehistoria e da Idade Antiga.
BLOQUE 1.
CONTIDOS COMÚNS
- Iniciación ao coñecemento científico, toma
de conciencia das súas fases e a súa aplicación nas Ciencias sociais. Proposta
de traballo que xurda dun problema, acontecemento ou inquedanza e que supoña un
proceso de investigación e acción que garanta participación activa do alumnado
e facilite o proceso de autorregulación de aprendizaxes.
- Busca e selección de información empregando
as TIC e outras fontes (directas e indirectas), organización, análise,
documentación do proceso (mediante uso do cartafoles) e comunicación das
conclusións.
- Planificación e xestión de proxectos co fin
de acadar obxectivos. Iniciativa emprendedora.
- .Emprego de técnicas de estudo individual e
de estratexias de traballo cooperativo. Valoración do esforzo e coidado do
material.
- Participación activa e construtiva na vida
social, uso das normas de convivencia.
- A cooperación e o diálogo como valores
democráticos e recursos básicos na resolución pacífica de conflitos.
- Utilización da terminoloxía propia da
área.-Elaboración dun glosario da área.
- Fomento de Técnicas de animación á lectura
de textos de divulgación das Ciencias sociais (de carácter social, xeográfico e
histórico). -A prensa escrita e dixital como fontes de información.
- Utilización e lectura de diferentes
linguaxes textuais e gráficos.
- Busca
información (empregando as TIC e outras fontes directas e indirectas), selecciona
a información relevante, a organiza, analiza, obtén conclusións sinxelas e as
comunica oralmente e/ou por escrito.
- Manifesta
autonomía na planificación e execución de accións e tarefas, ten iniciativa na
toma de decisións e asume responsabilidades.
-
Realiza as tarefas encomendadas e presenta os traballos de maneira ordenada,
clara e limpa.
-
Participa en actividades individuais e de grupo, e emprega estratexias de
traballo cooperativo valorando o esforzo e o coidado do material.
-
Adoita un comportamento responsable, construtivo e solidario respectando
diferentes ideas e achegas nos debates, recoñecendo a cooperación e o diálogo
como principios básicos do funcionamento democrático.
-
Emprega de maneira axeitada o vocabulario adquirido para ser capaz de ler,
escribir e falar sobre Ciencias sociais.
-
Expón oralmente de forma clara e ordenada, contidos relacionados coa área, que
manifestan a comprensión de textos orais e /ou escritos de carácter xeográfico,
social e histórico.
-
Analiza informacións relacionadas coa área e manexa imaxes, táboas, gráficos,
esquemas, resumos e as tecnoloxías da información e a comunicación.
- Realizar
un traballo de investigación que supoña a busca, selección e organización de
información sobre fenómenos previamente delimitados, a realización dun produto,
a documentación do proceso e a comunicación do resultados.
- Empregar
estratexias de traballo cooperativo, adoitar un comportamento de respecto e
tolerancia ante as diferentes ideas e achegas alleas nos diálogos e debates,
valorando o esforzo e amosando actitudes de cooperación, participación e
respecto cara aos demais.
- Coñecer
e utilizar as palabras claves e conceptos necesarios para ser capaz de ler, escribir
e falar sobre Ciencias sociais, así como comprender diferentes linguaxes
recollidos en textos de carácter social, xeográfico ou histórico.
BLOQUE 2. O MUNDO QUE
NOS RODEA.
- Contidos
- A litosfera: placas tectónicas. Os volcáns,
os terremotos e as súas consecuencias.
- Formas de representación da Terra: planos,
mapas, planisferios e globos terráqueos.
- Identificación dos polos, o eixe e os
hemisferios.
- Os paralelos e meridianos. As coordenadas
xeográficas: latitude e lonxitude.
- Planos, mapas e planisferios. Mapas físicos
e políticos.
- Escalas e signos convencionais dun mapa.
- Orientación no espazo: Elaboración dun
itinerario coa axuda de ferramentas dixitais.
- O tempo atmosférico.
- Medición e predición meteorolóxica.
Instrumentos de medida. Elaboración e comunicación dun parte meteorolóxico
empregando as TIC (programa de radio, boletín meteorolóxico etc.).
- Gráficos sinxelos de temperaturas e
precipitacións: os climogramas.
- Os mapas do tempo. Símbolos convencionais.
- A hidrosfera. Distribución das augas no
planeta. Masas e cursos de auga.
- Vertentes hidrográficas.
- Os tramos dun río.
- A litosfera: características e tipos de
rochas.
- Rochas e minerais: propiedades, usos e
utilidades.
- A diversidade xeográfica das paisaxes de
Galicia: relevo e hidrografía. Utilización de sistemas de información
xeográfica.
- A intervención humana no medio.
- A contaminación e o cambio climático.
- Desenvolvemento sostible e consumo
responsable. Elaboración dunha campaña de concienciación no centro educativo.
- Concreción dos
estándares de aprendizaxe avaliables
- Coñece
e define a formación da litosfera e a dinámica de placas tectónicas e as súas
consecuencias.
- Explica
e compara as distintas formas de representación da Terra, planos, mapas,
planisferios e globos terráqueos identificando polos, eixe e hemisferios.
-
Localiza diferentes puntos da Terra empregando os paralelos e meridianos e as
coordenadas xeográficas.
-
Identifica e clasifica distintos tipos de mapas, define que é a escala nun
mapa, o seu uso e emprega e interpreta os signos convencionais básicos que
poden aparecer nel.
-
Define tempo atmosférico, identifica os distintos instrumentos de medida que se
utilizan para a recollida de datos atmosféricos clasificándoos segundo a función
e información que proporcionan e fai medicións, interpretacións de datos e
predicións do tempo atmosférico.
-
Describe unha estación meteorolóxica, explica a súa función e confecciona e
interpreta gráficos sinxelos de temperaturas e precipitacións.
-
Interpreta e elabora sinxelos mapas meteorolóxicos distinguindo os seus
elementos principais.
-
Define hidrosfera, e identifica e nomea as grandes masas e cursos de auga,
explicando como se forman as augas subterráneas, como afloran e como se accede
a elas.
-
Diferencia cuncas e vertentes hidrográficas.
-
.Identifica e nomea os tramos dun río e as características de cada un deles.
-
.Observa, identifica e explica a composición das rochas nomeando algúns dos
seus tipos.
-
Identifica e explica as diferenzas entre rochas e minerais, describe os seus
usos e utilidades clasificando algúns minerais segundo as súas propiedades.
-
.Localiza nun mapa as principais unidades de relevo en Galicia e as súas
vertentes hidrográficas.
-
Sitúa nun mapa os mares, océanos e os grandes ríos de Galicia.
-
Explica a importancia do coidado do medio, así como as consecuencias da acción
humana neste.
-
Propón algunhas medidas para o desenvolvemento sostible e o consumo
responsable.
- Criterios de
avaliación e de cualificación e promoción.
- .Coñecer
a formación da litosfera e a dinámica de placas tectónicas e analizaras súas
influencias e consecuencias no medio que o rodea.
- Explicar
e comparar as distintas formas de representar a superficie terrestre
identificando os polos, o eixe e os hemisferios e analizar cal delas reflicte
mellor a realidade á que representa.
-
Identificar e manexar os conceptos de paralelos, meridianos e coordenadas
xeográficas para localizar determinados puntos da Terra.
-
Diferenciar correctamente entre planos, mapas, planisferios, mapas físicos e
políticos, analizar e describir as características máis relevantes de cada un e
interpretar a súa escala e signos convencionais básicos de cara a orientarse
nun espazo determinado e á elaboración dun itinerario empregando as TIC.
-
Explicar que é o tempo atmosférico, coñecer os instrumentos de medida, o seu
uso, realizar medicións e interpretacións de gráficos a través dos datos
recollidos nunha estación meteorolóxica de cara a facer unha predición do tempo
atmosférico para un período de tempo determinado e a comunicación deste empregando
mapas do tempo.
-
Explicar a hidrosfera, identificar e nomear masas e cursos de auga,
diferenciando augas superficiais e augas subterráneas, cuncas e vertentes
hidrográficas e analizar as partes dun río do medio próximo.
-
Adquirir o concepto de litosfera, coñecer algúns tipos de rochas e a súa
composición identificando distintos minerais e algunha das súas propiedades e
usos. Facer especial fincapé nos que son propios de Galicia.
-
Describir as características do relevo de Galicia e a súa rede hidrográfica,
localizándoos nun mapa.
-
Explicar a importancia da intervención humana no medio e favorecer o
desenvolvemento sostible a través da realización dunha campaña de concienciación
no centro educativo.
BLOQUE 3. VIVIR EN
SOCIEDADE.
- Contidos
- A Constitución de 1978.
- Dereitos e deberes dos cidadáns e cidadás.
- Forma de goberno: a monarquía
parlamentaria.
- As principais institucións políticas e as
súas funcións. Elaboración de organigramas sinxelos.
- A organización social, política e
territorial: o Estado español e as Comunidades Autónomas.
- Estruturas de goberno básicas: o concello.
- Manifestacións culturais e lingüísticas de
España.
- Demografía e poboación.
- Conceptos demográficos: básicos e a súa
representación. Representacións gráficas dalgúns datos demográficos de Galicia
obtidos en fontes estatísticas: IGE.
- Educación viaria. Adquisición de
coñecementos que contribúan a consolidar condutas e hábitos viarios correctos.
- Concreción dos
estándares de aprendizaxe avaliables
- Identifica,
respecta e valora os principios democráticos máis importantes establecidos na
Constitución para o exercicio da cidadanía activa e convivencia pacífica.
- Identifica
as principais institucións de Galicia e do Estado español e describe as súas
funcións.
-
.Identifica a división de poderes do Estado e cales son as atribucións
recollidas na Constitución para cada un deles.
-
Explica a organización territorial de España, nomea as estruturas básicas de
goberno e localiza en mapas políticos as distintas comunidades autónomas que
forman España.
-
Recoñece, partindo da realidade do estado español, a diversidade cultural,
social, política e lingüística nun mesmo territorio como fonte de
enriquecemento cultural.
-
Define demografía e comprende os principais conceptos demográficos.
-
.Elabora gráficos sinxelos a partires de datos demográficos de obtidos en
diversas fontes de información.
-
Explica normas básicas de circulación e as consecuencias derivadas do
descoñecemento ou incumprimento destas.
-
Coñece o significado dalgunhas sinais de tráfico, recoñece a importancia de
respectalas e as utiliza tanto como peón ou peoa e como persoa usuaria de
medios de transporte (abrocharse o cinto, non molestar a persoa condutora...).
- Criterios de
avaliación e de cualificación e promoción.
- Analizar
a importancia que teñen os dereitos, deberes e liberdades recollidos na
Constitución para o exercicio dunha cidadanía activa e unha convivencia pacífica.
- .Identificar
as principais institucións políticas de Galicia e do Estado español que se
derivan da Constitución, así como as súas funcións.
-
Coñecer a organización territorial do Estado español e os seus órganos de
goberno básicos.
-
Valorar a diversidade cultural, social, política e lingüística do Estado
español respectando as diferenzas.
-
Comprender e interpreta os principais conceptos demográficos e calculalos a
partires dos datos de poboación.
-
Coñecer e respectar as normas de circulación e fomentar a seguridade viaria en
todos os seus aspectos.
BLOQUE 4. AS PEGADAS
DO TEMPO.
- Contidos
- O tempo histórico. A
Prehistoria e a Idade Antiga: duración e datación dos feitos históricos
significativos que as acoutan. Proxecto de traballo colaborativo sobre as
formas de vida que caracterizan a Prehistoria.
- As fontes históricas: a importancia das
fontes arqueolóxicas e materiais. A escritura.
- Técnicas para localizar no tempo e no
espazo feitos do pasado: os mapas históricos e as liñas do tempo.
- A península ibérica na Prehistoria.
- A península ibérica na Idade Antiga.
- A Prehistoria e Idade Antiga en Galicia. Os
principais xacementos arqueolóxicos de Galicia.
- Noso patrimonio histórico e cultural.
- Museos, sitios e monumentos históricos como
espazos de aprendizaxe e gozo. Planificación conxunta e visita a un museo
próximo.
- Concreción dos
estándares de aprendizaxe avaliables
- Define
o concepto de prehistoria e historia, asociándoa as distintas idades aos feitos
que marcan o seu inicio e final.
- Explica
e valora a importancia da escritura, a agricultura e a gandería, como
descubrimentos que cambiaron profundamente as sociedades humanas.
-
Recoñece a importancia dos restos arqueolóxicos e materiais que produce unha
sociedade como fontes para coñecer o noso pasado, con especial relevancia da
escritura.
-
Recoñece o século como unidade de medida do tempo histórico e localiza feitos
situándoos como sucesivos a.C o d.C.
-
Usa diferentes técnicas para localizar no tempo e no espazo feitos do pasado,
percibindo a duración, a simultaneidade e as relacións entre os acontecementos.
-
.Sitúa nunha liña do tempo os feitos fundamentais da prehistoria e historia de
España e describe as principais característica s de cada unha delas.
-
Explica aspectos relacionados coa forma de vida, organización social e cultura
das distintas épocas históricas estudadas.
-
Explica a diferenza dos dous períodos nos que se divide a Prehistoria e
describe as características básicas das formas de vida nestas dúas épocas.
-
Data a Idade Antiga e describe as características básicas da vida naquel tempo,
en especial as referidas á romanización.
-
.Identifica, valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e
artístico e asume as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.
-
Respecta e asume o comportamento que debe cumprirse cando visita un museo ou un
edificio antigo.
- Criterios de
avaliación e de cualificación e promoción.
- .Explicar
as características de cada tempo histórico estudado e certos acontecementos
desas épocas que determinaron cambios fundamentais no rumbo da historia.
- Coñecer
a importancia das fontes históricas para o estudo da historia.
-
Utiliza as nocións básicas de sucesión, duración e simultaneidade para ordenar
temporalmente algúns feitos históricos e outros feitos relevantes.
-
.Identificar e localizar no tempo os procesos e acontecementos históricos e
culturais máis relevantes da historia de España para adquirir unha perspectiva
global da súa evolución e coñecer os principais xacementos arqueolóxicos de
Galicia.
-
.Desenvolver a curiosidade por coñecer as formas da vida humana no pasado,
valorando a importancia que teñen os restos para o coñecemento e estudo da
historia e como patrimonio cultural que hai que coidar e legar.
-
Valorar a importancia dos museos, sitios e monumentos históricos como espazos
onde se ensina e aprende, amosando unha actitude de respecto á súa contorna e á
súa cultura, apreciando a herdanza cultural.
v Realiza
as tarefas encomendadas e presenta os traballos de maneira ordenada, clara e
limpa.
v Participa
en actividades individuais e de grupo, valorando o esforzo propio e alleo, e o
coidado do material.
v Adoita
un comportamento responsable e solidario respectando diferentes ideas e achegas
nos debates, recoñecendo a cooperación e o diálogo como principios básicos do
funcionamento democrático.
v Analiza
informacións relacionadas coa área e manexa imaxes, táboas, gráficos, esquemas,
resumos e as tecnoloxías da información e a comunicación.
v Describe
unha estación meteorolóxica, explica a súa función e confecciona e interpreta
gráficos sinxelos de temperaturas e precipitacións.
v Localiza
nun mapa as principais unidades de relevo en Galicia.
v Explica
a importancia do coidado do medio, así como as consecuencias da acción humana
neste.
v Recoñece,
partindo da realidade do estado español, a diversidade cultural, social,
política e lingüística nun mesmo territorio como fonte de enriquecemento
cultural.
v Coñece
o significado dalgunhas sinais de tráfico e recoñece a importancia de
respectalas (abrocharse o cinto, non
molestar a persoa condutora...).
v Sitúa
nunha liña do tempo os feitos fundamentais da prehistoria e historia de España.
v Identifica,
valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico e asume
as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.
v Respecta
e asume o comportamento que debe cumprirse cando visita un museo ou un edificio
antigo.