Archivo del blog

lunes, 4 de octubre de 2021

TRABALLO COOPERATIVO

 Hoxe fixemos unha actividade realmente difícil e rematou con enfados, tristezas e algún que outro choro, pero precisamente por todas esas dificultades é moi necesaria. 

Hoxe tiveron que debuxar UNHA "Bolboreta Silandeira" por mesa, de maneira que todos os nenos e nenas da mesa participaran co acordo do grupo. O feito de que a miña idea non se leve a cabo ou que se faga unha idea que a min non me convencía foi difícil de asimilar polos nenos e nenas, pero fixemos un gran traballo de colaboración, empatía, solidariedade, respecto, frustración,... Emocións que debemos experimentar, aprendendo a valorar aos demais e a traballar en EQUIPO.

Só un equipo de catro foi capaz de facer o debuxo sen conflitos, pero acabaremos conseguíndoo todos e todas!!

E como non... acabamos coñecendo á "BOLBORETA SILANDEIRA"




SUMANDO TALENTOS

 Como xa vos contarían os nenos e nenas somos unha máis!! O venres incorporouse ao grupo Emily e recibímola cos brazos abertos. BENVIDA EMILY!!

FOTOS FIN DE CURSO

 Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!! trim1-1 --> https:// we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https...