Archivo del blog

jueves, 21 de noviembre de 2019

EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL.



- Obxectivos da área de plástica


 1. Desenvolver a súa creatividade, autoestima e respecto de cara aos demais a través das producións artísticas.
 2. Valorar o cine e as súas principais tendencias.
  3. Representar os corpos xeométricos e integralos no debuxo.
 4. Coñecer algún artistas relevantes e parte da súa obra.
5. Identificar as características da cor e utilizalas nas súas creacións.
6. Iniciarse no modelado para a súa expresión artística.
7. Gozar coa elaboración das propias obras.


BLOQUE 1. EDUCACIÓN AUDIOVISUAL.
                                               

- Contidos

- Comunicación das apreciacións obtidas por observación.
- Elaboración de carteis con diversa información aplicando os coñecementos plásticos adquiridos.
- Creación de imaxes para textos dados para secuenciar unha historia ( romance, cantiga, ...).
- Observación de materiais empregados nas obras plásticas.
- Valoración do coñecemento de diferentes códigos artísticos como medios de expresión de sentimentos e ideas.
- Clasificación de texturas e tonalidades, e apreciación de formas naturais e artificiais, exploradas desde diferentes ángulos e posicións.
- Interese por procurar información sobre as producións artísticas e por comentalas.
- Indagación sobre as calidades de diferentes materiais e uso que se fai deles en distintas representacións.
- Uso dos recursos dixitais na procura da información.
- Valoración do contido informativo que as imaxes proporcionan.
- Comunicación das apreciacións obtidas dunha imaxe.
- Observación de elementos para estudo de escalas e proporcións.
- Indagación sobre as maneiras de representar o espazo.
           

 

 

- Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables


            - Analiza, de maneira sinxela e utilizando a terminoloxía axeitada, imaxes fixas atendendo ao tamaño, formato, elementos básicos (puntos, rectas, planos, cores, luz, función, ... ).
            - Elabora carteis con diversa información considerando os conceptos de tamaño, equilibrio, proporción e cor, e engadindo textos utilizando a tipografía máis axeitada á súa función.
            - Secuencia unha historia en diferentes viñetas nas que incorpora imaxes e textos seguindo o patrón do cómic.
            - Interpreta e comenta o contido das imaxes dunha obra artística concreta.
            - Representa formas naturais e artificiais presentes no contexto, utilizando instrumentos, técnicas e materiais adecuados na súa obra persoal.
            - Clasifica texturas, formas e cores, atendendo a distintos criterios (similitude, diferenza, tacto, dureza etc.).
            - Identifica a influencia dos fondos de cor.
            - Recoñece e interpreta o contido das imaxes nunha obra artística.
            - Procura información sobre artistas plásticos/as da propia cultura ou alleos, en relación coas características da súa obra.
            - Expresa as sensacións e as apreciacións persoais sobre as obras plásticas dun autor ou dunha autora cun criterio artístico.
           

- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.

- Aproximarse á interpretación da arte e as imaxes fixas e en movemento nos seus contextos culturais e históricos, comprendendo o significado, sendo capaz de elaborar imaxes novas a partir dos coñecementos adquiridos.
- Recoñecer e identificar as formas naturais e artificiais, as texturas, os códigos e as técnicas básicas das obras plásticas, e expresar as súas diferenzas.
- Identificar determinados/as artistas e amosar interese por coñecer as formas de expresión das súas obras máis representativas.
- Interpretar o contido das imaxes e das representacións do espazo presentes no contexto, identificando as posicións dos elementos plásticos no espazo.

BLOQUE 2. EXPRESIÓN ARTÍSTICA.
                                               
- Contidos
- Procura das posibilidades da cor en contrastes, variacións e combinacións, apreciando os resultados sobre diferentes soportes.
- Uso de diferentes texturas para as representacións (area, tecidos, papel etc.).
- Exploración das calidades dos materiais e o tratamento non convencional destes (pintura esparexida, por chorro etc.).
- Emprego de distintos soportes nas creacións.
- Curiosidade por coñecer as posibilidades plásticas dos materiais.
- Construción de móbiles, estruturas e volume.
- Experimentación das dimensións e das proporcións dunha mesma forma en diferentes posicións.
- Experimentación das posibilidades de representación con liñas grosas, finas, continuas, descontinuas e xeométricas.
- Realización de fotografías: enfoque e planos.
- Aplicación en producións propias de aspectos observados en obras artísticas.
- Utilización de recursos dixitais e audiovisuais para a elaboración de obras artísticas.
- Compilación impresa e dixital sobre manifestacións artísticas.
- Interese pola procura da información artística.
- Interpretación da información.
- Inicio no uso dos medios audiovisuais e dixitais para a creación de obras plásticas.
- Interese por axustar o proceso creativo ás intencións previstas, mediante bosquexos ou deseños.
- Uso responsable de instrumentos, materiais e espazos.
- Selección axeitada de materiais e espazos.
      
       - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
       - Representa formas naturais e artificiais con diferentes formas, cores, texturas e materiais.
       - Utiliza as cores, as mesturas e a tonalidade con sentido estético, de forma cada vez máis autónoma.
       - Realiza unha obra con materiais téxtiles e de refugo.
       - Experimenta con materiais e texturas para creacións orixinais, integrándoos de diferentes maneiras.
       - Utiliza ceras, rotuladores, tintas, plumas etc. para os debuxos usando liñas grosas, finas, sombras, manchas etc.
       - Utiliza e mestura técnicas (acuarela, témperas etc.) con finalidade estética.
       - Representa imaxes usando diferentes características da cor.
       - Utiliza diferentes materiais e texturas (arxila, tecidos, papel etc.) para as súas creacións plásticas.
       - Recorta, encarta e pega con precisión, con distintos materiais e texturas, creando formas tridimensionais.
       - Traza formas xeométricas con precisión, coa axuda das ferramentas básicas (regra, escuadro e cartabón).
       - Aplica nocións métricas e de perspectiva á construción de estruturas e á transformación do espazo.
       - Manexa e utiliza escalas e proporcións axeitadas para representar obxectos.
       - Realiza composicións plásticas con figuras xeométricas, apreciando o valor expresivo da cor.
       - Debuxa persoas e obxectos a través dun eixe de simetría.
       - Coñece e utiliza recursos tecnolóxicos para obter información sobre o contexto artístico e cultural para as súas producións.
       - Coñece e utiliza recursos tecnolóxicos básicos para a elaboración das propias creacións.
            - Procura imaxes en soporte dixital para as organizar e as transformar nunha produción propia (novela, historieta, cartel, mural, esquematización dunha lección da clase etc.).
            - Utiliza as tecnoloxías da información e da comunicación para coñecer expresións artísticas e culturais dos pobos do mundo.
            - Elabora bosquexos e deseños para axustar o proceso de creación individual ou en grupo, e presenta os traballos con orde e limpeza.
            - Desenvolve hábitos de orde e limpeza, e usa de forma responsable e axeitada os materiais, os instrumentos e os espazos.
            - Selecciona e utiliza as materias de forma apropiada e responsable, segundo as súas posibilidades plásticas e os resultados marcados.
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Coñecer e utilizar materiais, técnicas e códigos diversos que se utilizan nas producións artísticas.
- Realizar composicións plásticas con figuras xeométricas, manexando ferramentas básicas de precisión e utilizando escalas e proporcións.
- Utilizar e manexar as novas tecnoloxías da información e da comunicación como medio de información, investigación e deseño.
- Utilizar recursos bibliográficos para obter información que lle sirva para planificar e organizar os procesos creativos, así como para coñecer e intercambiar informacións con outro alumnado.
- Coidar e usar correctamente os materiais, os instrumentos e os espazos.

-Mínimos esixibles


v Elabora carteis con diversa información considerando os conceptos de tamaño, proporción e cor, e engadindo textos.
v Representa formas naturais e artificiais presentes no contexto, utilizando instrumentos, técnicas e materiais adecuados na súa obra persoal.
v Procura información sobre artistas plásticos/as da propia cultura ou alleos, en relación coas características da súa obra.
v Utiliza as cores, as mesturas e a tonalidade con sentido estético, de forma autónoma.
v Realiza unha obra con materiais téxtiles e de refugo e dálle sentido estético.
v Traza formas xeométricas con precisión, coa axuda das ferramentas básicas (regra, escuadro e cartabón).
v Manexa e utiliza escalas e proporcións axeitadas para representar obxectos.
v Debuxa persoas e obxectos a través dun eixe de simetría.
v Desenvolve hábitos de orde e limpeza, e usa de forma responsable e axeitada os materiais, os instrumentos e os espazos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

FOTOS FIN DE CURSO

 Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!! trim1-1 --> https:// we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https...