Archivo del blog

jueves, 21 de noviembre de 2019

ÁREA DE LINGUA GALEGA E LITERATURA:



- Obxectivos


  1.  Utilizar de forma axeitada os aspectos normativos da lingua.
  2. Expresar con claridade, ordenada e coherentemente, vivencias, ideas, observacións, sentimentos, etc.
  3.  Elixir as formas de expresión axeitadas ás diferentes situacións e intencións comunicativas.
  4.  Valorar e aceptar as aportacións propias e as dos demais, respectando as normas do intercambio comunicativo.
  5.  Extraer información da lectura de textos con unha finalidade previa: buscar, seleccionar e recompilar a información.
  6.  Comprender textos escritos en diferentes contextos.
  7. Producir textos escritos propios sinxelos, con unha finalidade ou necesidade (normas, notas, cartas, avisos, circulares...).
8.  Redactar diversos tipos de texto: contos, redaccións, descricións, poemas,… coidando a ortografía, a puntuación e a coherencia.
9. Utilizar, de maneira dirixida, as tecnoloxías da información e a comunicación –TIC– e os diferentes tipos de bibliotecas mostrando respecto polas súas normas de funcionamento.
10. Identificar e apreciar a unidade e a diversidade lingüística española.
11..  Desenvolver o hábito e o gusto pola lectura, dedicándolle parte do tempo libre dispoñible.
12.  Ler en voz alta e en silencio e utilizar a lectura como medio de gozo e de aprendizaxe.
13.  Ler de forma comprensiva e expresiva textos como medio de afianzar, consolidar e reforzar o uso da lingua, ampliar vocabulario, normas ortográficas, apreciar valores artísticos e culturais.

BLOQUE 1. COMUNICACIÓN ORAL. FALAR E ESCOITAR.

- Contidos

- Comprensión de textos orais procedentes da radio, da televisión ou da internet, con especial incidencia na noticia, para obter información xeral sobre feitos e acontecementos que resulten significativos e elaboración dun resumo.
- Uso guiado de documentos audiovisuais para obter e relacionar informacións relevantes para aprender.
- Comprensión e produción de textos orais breves para aprender e para informarse, tanto os producidos con finalidade didáctica como os de uso cotián, de carácter informal (conversas entre iguais e no equipo de traballo) e dun maior grao de formalización (exposicións da clase ou debates).
- Actitude de escoita adecuada e respecto de quen fala sen interrupcións inadecuadas.
- Participación e cooperación nas situacións comunicativas habituais (informacións, conversas reguladoras da convivencia, debates, discusións ou instrucións) con valoración e respecto das normas que rexen a interacción oral (petición e quendas de palabra, mantemento do tema, respecto ás opinións das demais persoas, papeis diversos no intercambio comunicativo, ton de voz, posturas e xestos adecuados).
- Utilización de estratexias para potenciar a expresividade das mensaxes orais.
- Actitude de cooperación e de respecto en situacións de aprendizaxe compartida.
- Interese por expresarse oralmente coa pronuncia e coa entoación adecuadas.
           

- Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables


            - Comprende as ideas principais dun texto xornalístico oral informativo dos medios de comunicación audiovisual, emitido de xeito claro, directo e sinxelo.
            - Elabora un breve resumo dun texto oral.
            - Accede de xeito guiado a documentos, audiovisuais e dixitais para obter a información necesaria para realizar traballos ou completar información.
            - Participa nunha conversa entre iguais, comprendendo o que di o interlocutor e intervindo coas pro-postas propias.
            - Sigue unha exposición da clase e extrae o sentido global.
            - Elabora e produce textos orais (explicacións sinxelas, exposicións, narracións...) presentando coherentemente a secuencia de ideas, feitos, vivencias e as súas opinións e preferencias, utilizando o dicionario se é preciso.
            - Participa no traballo en grupo, así como nos debates.
            - Atende as intervencións dos e das demais en actos de fala orais, sen interromper.
            - Respecta as opinións da persoa que fala.
            -Respecta as quendas de palabra nos intercambios orais.
            - Respecta as opinións das persoas participantes nos intercambios orais e é consciente da posibilidade de empregar a lingua galega en calquera intercambio oral dentro da escola ou fóra dela.
            - Exprésase cunha pronuncia e dicción correctas: articulación e volume.
            - Participa na con-versa formulando e contestando preguntas.
            - Usa, dunha forma xeral, unha linguaxe non sexista.
            - Usa, de maneira xeral, unha linguaxe respectuosa coas diferenzas.
            - Recoñece a validez da lingua galega para conversas con persoas coñecidas ou descoñecidas.

- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.


- Comprender o sentido global de textos orais informativos dos medios de comunicación audiovisuais emitidos con claridade, de xeito directo e estilo sinxelo.
- Utilizar de xeito guiado documentos audiovisuais valorándoos como instrumento de aprendizaxe.
- Comprender e producir textos orais propios do uso cotián ou do ámbito académico.
- Manter unha actitude de escoita activa, deixando falar os demais, sen anticiparse ao que van dicir e respectando as súas opinións.
- Participar nas diversas situacións de intercambio oral que se producen na aula amosando valoración e respecto polas normas que rexen a interacción oral.
- . Amosar respecto e cooperación nas situacións de aprendizaxe en grupo.
- Interesarse por amosar unha pronuncia e entoación adecuadas.
- Usar, dunha forma xeral, unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

BLOQUE 2. COMUNICACIÓN ESCRITA. LER.

- Contidos
- Comprensión da información relevante en textos das situacións cotiás de relación social: correspondencia escolar, normas da clase, normas do comedor, normas do transporte e regras de xogos.
- Comprensión de información relevante en textos para aprender e para informarse, tanto os producidos con finalidade didáctica como os de uso cotián (folletos descricións, instrucións e explicacións).
- Interpretación de esquemas, gráficos e ilustracións relacionadas co contido principal do texto que acompañan.
- Subliñado, esquematización e resumo da información relevante dun texto sinxelo.
- Introdución ás estratexias de control do proceso lector (anticipación, formulación de hipóteses, relectura...).
- Uso dirixido das tecnoloxías da información e das bibliotecas para obter informacións relevantes para rea-lizar as súas tarefas.
- Lectura persoal, silenciosa e en voz alta, de textos en galego adaptados aos seus intereses.
- Dramatización e lectura dramatizada de textos literarios e non literarios.
- Coñecemento do funcionamento da biblioteca da aula e do centro, así como as virtuais e participación en actividades literarias.
- Interese polos textos escritos como fonte de aprendizaxe e como medio de comunicación de experiencias.
- Desenvolvemento da autonomía lectora, da capacidade de elección de temas e de textos e de expresión das preferencias persoais.
           
            - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
            - Comprende a información relevante en textos propios de situacións cotiás e dos medios de comunicación social nos que esta se amose de forma evidente.
            - Identifica as ideas principais dun texto (narrativo, descritivo, expositivo) adecuado á súa idade.
            - Busca, localiza e selecciona información concreta dun texto sinxelo, adecuado á súa idade.
            - Interpreta, personificacións, hipérboles e ironías evidentes, en textos de dificultade adecuada á súa idade.
            - Emprega o dicionario para resolver as dúbidas de vocabulario que atopa nos textos.
            - Fai unha lectura rápida, selectiva ou integral en función das necesidades de cada momento.
            - Realiza o subliñado das ideas principais dun texto sinxelo.
            - Esquematiza as ideas dun texto sinxelo, indicando as ideas principais.
            - Realiza o resumo dun texto sinxelo.
            - Deduce, de maneira xeral, o posible contido dun texto antes de lelo, axudándose do título e as ilustracións.
            - Relé un texto e marca as palabras clave para acadar a comprensión, cando é preciso.
            - Utiliza, de forma guiada, as tecnoloxías da información para obter información.
            - Utiliza dicionarios dixitais para interpretar a información dun texto.
            - Descodifica sen dificultade as palabras.
            - Le textos en voz alta, sen dificultade e coa velocidade adecuada.
            - Le textos, adapta-dos á súa idade e aos seus intereses, en silencio e sen dificultade.
            - Fai lecturas dramatizadas de textos.
            - Usa a biblioteca de aula con certa autonomía, para obter datos e informacións, e colabora no seu coidado e mellora.
            - Identifica o funcionamento da biblioteca de aula, de centro, así como as virtuais e colabora no seu coidado e mellora.
            - Participa en actividades literarias do centro.
            - Amosa interese pola conservación e organización dos seus libros
            - Amosa interese pola lectura como fonte de aprendizaxe e medio de comunicación.
            - Amosa certa autonomía lectora e capacidade de seleccionar textos do seu interese.
            - Expresa, de maneira sinxela, opinións e valoracións sobre as lecturas feitas.

- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Comprender, localizar e seleccionar información explícita en textos escritos de soportes variados (web infantís, libros, carteis).
- Realizar o subliñado das ideas principais dun texto sinxelo e esquematizar e resumir o seu contido.
- Utilizar, de maneira xeral, estratexias para mellorar a lectura.
- Utilizar as tecnoloxías da información para obter información necesaria para a realización das súas tarefas.
- Ler, en silencio ou en voz alta, textos en galego adaptados aos seus intereses.
- Coñecer o funcionamento da bibliotecas de aula, centro, así como as virtuais, colaborando no seu coidado e mellora, e participar en actividades literarias.
- Ter interese por ter unha biblioteca propia.
- Amosar interese polos textos escritos como fonte de aprendizaxe e medio de comunicación.
- Amosar certa autonomía lectora e capacidade de selección de textos do seu interese, así como ser quen de expresar preferencias.


BLOQUE 3. COMUNICACIÓN ESCRITA. ESCRIBIR.
- Contidos
- Uso, de maneira xeral, das estratexias de planificación, de textualización e revisión como partes do proceso escritor.
- Composición de textos propios de situacións cotiás de relación social (correspondencia básica, mensaxes curtas, normas de convivencia, avisos, solicitudes, instrucións) de acordo coas características propias destes xéneros.
- Composición de textos de información e de opinión moi sinxelos, característicos dos medios de comunicación social, sobre acontecementos significativos, con especial incidencia na noticia e nas cartas á dirección do xornal, en situacións reais ou simuladas.
- Creación de textos sinxelos utilizando a linguaxe verbal e non verbal: carteis publicitarios, anuncios, cómic.
- Uso guiado de programas informáticos de procesamento de textos.
- Utilización de elementos gráficos e paratextuais, con grao crecente de dificultade, para facilitar a comprensión (ilustracións, subliñados, gráficos, tipografía) e ilustrar o seu contido.
- Interese polo coidado e a presentación dos textos escritos e respecto pola norma ortográfica.
- Valoración da escritura como instrumento de relación social, de obtención e de reelaboración da información e dos coñecementos.
           
            - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
            - Planifica a elaboración do texto, antes de comezar a escribir, xerando ideas, seleccionando e estruturando a información.
            - Elabora o texto cunha estrutura definida, con coherencia xeral e de xeito creativo.
            - Aplica, de forma xeral, os signos de puntuación (punto, coma, punto e coma, dous puntos, puntos suspensivos, signos de exclamación e interrogación).
            - Aplica, de maneira xeral, a norma lingüística: ortografía, acentuación, léxico, morfosintaxe.
            - Usa o dicionario durante a elaboración de textos.
            - Elabora, en diferentes soportes, textos propios da vida cotiá e académica, imitando modelos: cartas e correos electrónicos, mensaxes curtas, normas de convivencia, avisos, instrucións...
            - Redacta textos sinxelos xornalísticos (noticias) e publicitarios (anuncios e carteis).
            - Elabora diferentes tipos de textos (narrativos, expositivos, descritivos) seguindo un guión establecido.
            - Escribe textos coherentes empregando algúns elementos de cohesión.
            - Resume o contido de textos sinxelos propios do ámbito da vida persoal ou familiar ou dos medios de comunicación.
            - Elabora textos sinxelos que combinan a linguaxe verbal e non verbal: carteis publicitarios, anuncios, cómic.
            - Usa, de xeito guiado, programas informáticos de procesamento de texto.
            - Usa recursos sinxelos gráficos e paratextuais (ilustracións, subliña-dos, gráficos e tipografía) pa-ra facilitar a comprensión dos textos e ilustrar o seu contido.
            - Coida a presentación dos textos seguindo as normas básicas de presentación establecidas: marxes, disposición no papel, limpeza, calidade caligráfica, interliñado... en calquera soporte.
            - Valora a lingua escrita como medio de comunicación e como medio de obtención e coñecemento.
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Usar, de maneira xeral, as estratexias de planificación, textualización e revisión do texto.
- Crear textos sinxelos de diferente tipoloxía que permitan narrar, describir e resumir emocións e informacións relacionadas con situacións cotiás.
- Elaborar textos do ámbito académico para obter, organizar e comunicar información.
- Elaborar textos sinxelos que combinen a linguaxe verbal e a non verbal.
- Usar, de xeito guiado, programas informáticos de procesamento de texto.
- Utilizar recursos gráficos e paratextuais que faciliten a comprensión dos textos.
- Coidar a presentación dos traballos escritos en calquera soporte e valorar a lingua escrita como medio de comunicación.

BLOQUE 4. COÑECEMENTO DA LINGUA.   
- Contidos
- Uso e identificación intuitiva da terminoloxía seguinte nas actividades de produción e interpretación: denominación dos textos traballados; enunciado, palabra e sílaba, xénero e número, determinantes, cuantificado-res, tempos verbais (pasado, presente e futuro).
- Aplicación xeral das normas ortográficas, apreciando o seu valor social.
- Comparación e transformación de enunciados, mediante inserción, supresión, cambio de orde, segmentación e recomposición, para xulgar sobre a gramaticalidade dos resultados e facilitar o desenvolvemento dos conceptos lingüísticos e da metalinguaxe.
- Comparación de estruturas sintácticas elementais para observar a súa equivalencia semántica ou posibles alteracións do significado.
- Inserción e coordinación de oracións como instrumento na mellora da composición escrita.
- Exploración das posibilidades do uso de diversos enlaces entre oracións (adición, causa, oposición, contradición...), en relación coa composición de textos.
- Identificación intuitiva do verbo e os seus complementos, especial-mente o suxeito, así como dalgúns papeis semánticos do suxeito.
- Uso do dicionario, en papel ou dixital, con certa autonomía.
- Identificación de palabras coma-postas e derivadas, de sinónimos de antónimos e palabras polisémicas de uso habitual, en relación coa comprensión e coa produción de textos.
- Valoración da lingua galega dentro da realidade plurilingüe e pluricultural de España e de Europa.
- Comparación entre aspectos das linguas que coñece e/ou está a aprender para mellorar os procesos comunicativos e recoñecer as interferencias.
           
            - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
            - Sinala a denominación dos textos traballados e recoñece nestes enunciados, palabras e sílabas.
            - Identifica o tempo verbal (presente, pasado e futuro) en formas verbais dadas.
            - Diferencia as sílabas que conforman cada palabra, diferenciando a sílaba tónica das átonas.
            - Identifica nun texto substantivos, adxectivos determinantes e cuantificadores.
            - Sinala o xénero e número de palabras dadas e cámbiao.
            - Aplica xeralmente as normas de acentuación..
            - Coñece e utiliza as normas ortográficas básicas, aplicándoas nas súas producións escritas.
            - Valora a importancia do dominio da ortografía para asegurar unha correcta comunicación escrita entre as persoas falantes dunha mesma lingua e para garantir unha adecuada interpretación dos textos escritos.
            - Emprega con correccións os signos de puntuación.
            - Usa unha sintaxe elemental adecuada nas súas producións.
            - Respecta, de xeito xeral, as normas morfosintácticas de colocación do pronome átono.
            - Usa diversos conectores básicos entre oracións: adición, causa, oposición, contradición...
            - Identifica intuitivamente, en oracións sinxelas, o papel semántico do suxeito.
            - Sinala intuitivamente o verbo e os seus complementos, especialmente o suxeito, en oracións.
            - Usa, con certa autonomía, o dicionario en papel ou dixital.
            - Recoñece palabras derivadas e compostas, identificando e formando familias de palabras.
            - Recoñece e usa sinónimos, antónimos, palabras polisémicas de uso habitual.
            - Identifica e valora a lingua galega dentro da realidade plurilingüe e pluricultural de España e de Europa.
            - Recoñece, de forma xeral, e evita as interferencias entre as linguas que está a aprender.
            - Identifica diferenzas, regularidades e semellanzas elementais sintácticas, ortográficas, morfolóxicas e léxicas entre todas as linguas que coñece e/ou está a aprender, como punto de apoio para a súa aprendizaxe.
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Utilizar terminoloxía lingüística e gramatical básica, como apoio á comprensión e á produción de textos, así como aplicar o seu coñecemento no uso da lingua.
- Aplicar, de forma xeral, as normas ortográficas xerais e as de acentuación en particular, apreciando o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas.
- Utilizar correctamente as regras de puntuación, así como construír correctamente as oracións desde o punto de vista sintáctico, nas producións orais e escritas.
- Recoñecer e empregar os conectores básicos.
- Identificar intuitivamente o suxeito e o predicado, así como o papel semántico do suxeito, para mellorar a comprensión e a produción de textos.
- Usar o dicionario en papel ou dixital, con certa autonomía.
- Identificar palabras compostas e derivadas, así como sinónimos, antónimos e palabras polisémicas de uso habitual, para comprender e producir textos.
- Valorar a lingua galega dentro da realidade plurilingüe e pluricultural de España e de Europa.
- Establecer relacións elementais entre as diversas linguas que utiliza ou está a aprender o alumnado para reflexionar sobre como mellorar os seus procesos comunicativos na lingua galega.

BLOQUE 5. EDUCACIÓN LITERARIA.           
- Contidos
- Escoita, memorización e reprodución de textos procedentes da literatura popular oral galega (adiviñas, lendas, contos, poemas, cancións, ditos), así como da literatura galega en xeral.
- Valoración e aprecio do texto literario galego (oral ou non) como fonte de coñecemento da nosa cultura e como recurso de gozo persoal.
- Lectura persoal, silenciosa e en voz alta de obras en galego adecuadas á idade e aos intereses.
- Lectura guiada e expresiva de textos narrativos da literatura infantil, adaptacións breves de obras literarias clásicas e literatura actual en diversos soportes.
- Lectura guiada de poemas, de relatos e de obras teatrais sinxelas recoñecendo as características dalgúns modelos.
- Recreación e composición de poemas e relatos para comunicar sentimentos, emocións, preocupacións, desexos, estados de ánimo ou lembranzas, recoñecendo as características dalgúns modelos.
- Dramatización e lectura dramatizada de situacións de textos literarios adaptados á súa idade.
- Valoración da literatura en calquera lingua (maioritaria, minoritaria ou min orizada), como vehículo de comunicación, fonte de coñecemento doutros mundos, tempos e culturas, e como recurso de gozo persoal.
- Interese por coñecer os modelos narrativos e poéticos que se utilizan noutras culturas.
- Comparación de imaxes, símbolos e mitos facilmente interpretables que noutras culturas serven para entender o mundo e axudan a coñecer outras maneiras de relacións sociais
           
            - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
            - Escoita, memoriza e reproduce textos procedentes da literatura popular oral galega (adiviñas, lendas, contos, poemas, cancións, ditos) e da literatura galega en xeral.
            - Valora os textos da literatura galega (oral ou non) como fonte de coñecemento da nosa cultura e co-mo recurso de gozo persoal.
            - Le en silencio obras e textos en galego da literatura infantil, adaptacións breves de obras clásicas e literatura actual, en diferentes soportes.
            - Le en voz alta obras e textos en galego da literatura infantil, adaptacións breves de obras clásicas e literatura actual e en diferentes soportes.
            - Identifica o xénero literario ao que pertencen uns textos dados: narrativa, poesía e teatro.
            - Recrea e compón poemas e relatos, a partir de modelos sinxelos, para comunicar sentimentos, emocións, preocupacións, desexos, estados de ánimo ou lembranzas.
            - Participa activamente en dramatizacións de situacións e de textos literarios adaptados á súa idade.
            - Valora a literatura en calquera lingua, como vehículo de comunicación, fonte de coñecemento doutros mundos, tempos e culturas, e como recurso de gozo persoal.
            - Amosa curiosidade por coñecer outros costumes e formas de relación social, respectando e valorando a diversidade cultural.
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Escoitar, memorizar, reproducir e valorar textos procedentes da literatura popular galega, así como da literatura galega en xeral.
- Ler textos e obras en galego da literatura infantil, adaptacións breves de obras clásicas e literatura actual, en diferentes soportes.
- Identificar o xénero literario ao que pertence uns textos dados.
- Recrear e compoñer poemas e relatos a partir de modelos sinxelos.
- Participar activamente en dramatizacións de situacións e de textos literarios adaptados á súa idade.
- Valorar a literatura en calquera lingua, como vehículo de comunicación, fonte de coñecemento doutros mundos, tempos e culturas, e como recurso de gozo persoal.
- Amosar interese, respecto e tolerancia ante as diferenzas persoais, sociais e culturais.

Mínimos esixibles:

v Participa en situacións de comunicación, dirixidas ou espontáneas, respectando as normas da comunicación: quenda de palabra, escoitar.
v Exprésase con coherencia básica de forma oral, para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións.
v Recoñece o tema e as ideas principais dos textos orais sinxelos.
v Reproduce textos axeitados á súa idade, con coherencia, utilizando as distintas estratexias de comunicación oral.
v Le e comprende en voz alta e en silencio, diferentes textos.
v Utiliza fontes e soportes existentes na biblioteca para seleccionar e recoller información e ampliar coñecementos.
v Produce textos segundo un modelo, aplicando as regras ortográficas e coidando a caligrafía, orde e presentación.
v Valora a súa propia produción escrita, así como a produción escrita dos seus compañeiros.
v Adquire progresivamente un pensamento crítico que impida discriminacións e prexuízos.
v Utiliza as Tecnoloxías da Información e da Comunicación de modo eficiente e responsable.
v Coñece e valora algúns dos recursos literarios da tradición oral: poemas, cancións, contos, refráns e adiviñas.
v Participa con interese en dramatizacións de textos literarios adaptados á idade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

FOTOS FIN DE CURSO

 Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!! trim1-1 --> https:// we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https...