Archivo del blog

jueves, 21 de noviembre de 2019

CIENCIAS DA NATUREZA.



- Obxectivos


 1. Iniciarse na elaboración de proxectos.
 2.        Identificar e localizar os principais órganos implicados na realización das funcións vitais do corpo humano.
3.         Relacionar determinadas prácticas co adecuado funcionamento do corpo, adoptando estilos de vida saudables (alimentación, hixiene, exercicio físico e descanso).
4.         Adquirir estratexias de resolución de conflitos e relación social dispoñendo de alternativas de lecer saudable e criterios para a toma de decisións axeitadas.
5.         Diferenciar a materia inerte dos seres vivos e coñecer un ecosistema e a súa relación cos seres vivos.
6.         Usar medios tecnolóxicos e respectar as normas de uso, de seguridade e de mantemento dos instrumentos de observación e dos materiais de traballo.
7.         Mostrar interese pola observación e polo estudo rigoroso de todos os seres vivos, e hábitos de respecto e coidado cara aos seres vivos.
8.         Coñecer leis básicas que rexen fenómenos como a reflexión da luz, a transmisión da corrente eléctrica, os cambios de estado.
9.         Planificar e realizar sinxelas investigacións, experimentos e inventos.
10.       Coñecer as características das fontes de enerxía e materias primas renovables e non-renovables, e os principios básicos que rexen máquinas e aparatos.
11        Utilizar as TIC como fontes de información.
12.       Expresar oralmente os resultados obtidos en proxectos ou investigacións, apoiando o discurso en datos gráficos.
13.       Desenvolver o traballo cooperativo en actividades grupais, fomentando os principios e os valores da interacción social.
14.       Desenvolver as capacidades de resolución de conflitos e autonomía como factores de desenvolvemento e crecemento persoal.


BLOQUE 1. INICIACIÓN Á ACTIVIDADE CIENTÍFICA.       

- Contidos

- Realización de proxectos, pequenas investigacións e presentación de resultados.
- Interese por coidar a presentación dos traballos en soporte dixital ou papel.
- Uso das TIC de xeito cada vez máis autónomo para a busca de información e para a súa comunicación, empregando a nivel básico o tratamento de textos (titulación, formato, arquivo e recuperación dun texto, cambios, substitucións e impresión).
- Seguimento dunha secuencia dada para atopar unha información en internet e noutros soportes.
- Iniciación á actividade científica.
- O traballo cooperativo.
- Técnicas traballo. Recursos e técnicas de traballo individual.
- Hábitos de traballo, esforzo e responsabilidade.
         

- Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables

          - Busca, selecciona e organiza a información importante, obtén conclusións e comunica o resultado de forma oral e escrita.
          - Presenta os traballos, en soporte dixital ou papel, de maneira ordenada, clara e limpa.
- Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas e ten iniciativa na toma de decisións.
          - Consulta e utiliza documentos escritos, imaxes e gráficos.
          - Reflexiona sobre o traballo realizado, saca conclusións sobre como traballa e aprende e elabora estratexias para seguir aprendendo.
          - Establece conxecturas de sucesos ou problemas do seu contorno, empregando medios propios da observación para obter unha información.
          - Emprega axeitadamente o vocabulario que corresponde a cada un dos bloques de contidos.
          - Utiliza estratexias para traballar de forma individual e en equipo amosando habilidades para a resolución pacífica de conflitos.

- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.

- Realizar un proxecto para a obtención dun produto como resultado dun problema formulado, elaborar con autonomía documentación sobre o proceso e presentala en diferentes soportes.
- Establecer conxecturas de sucesos ou problemas que ocorren no seu contorno por medio da observación e obter unha información.
- Traballar de forma cooperativa apreciando o coidado pola seguridade propia e a dos seus compañeiros/as, coidando as ferramentas e facendo un uso axeitado dos materiais.

BLOQUE 2. O SER HUMANO E A SAÚDE.
                                                         
- Contidos
- O corpo humano e o seu funcionamento.
- As funcións vitais. Importancia dos sentidos en relación co medio. Descrición do seu papel e formas para o seu coidado habitual.
- Recoñecemento dos cambios físicos e persoais nas diferentes etapas da vida das persoas.
- Saúde e enfermidade.
- Hábitos saudables: alimentación, hixiene, exercicio físico e descanso.
- Actitude crítica ante prácticas e mensaxes que non favorecen o correcto desenvolvemento da saúde.
- Factores que producen as enfermidades máis habituais: carie, obesidade, gripe, catarros...
          - Coñecemento de si mesmo/a e dos e das demais: emocións e sentimentos propios e alleos. Valoración das súas habilidades persoais.
- A relación cos demais. Toma de decisións.
-  A igualdade entre homes e mulleres.
- Clasificación dos alimentos en función dos nutrientes principais.
- Identificación de sistemas de conservación alimentaria.
-  Pirámide alimentaria.
- Análise de dietas equilibradas.
          - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
          - Localiza os principais órganos vitais e entende a súa importancia no funcionamento do organismo.
          - Recoñece a importancia dos sentidos para a relación co medio e as formas de coidalos.
          - Identifica e adopta hábitos de hixiene, de descanso e de alimentación sa e diferencia prácticas e mensaxes que son contraproducentes para a saúde.
          - Identifica e valora as súas habilidades persoais.
          - Recoñece algúns factores que producen as enfermidades máis habituais (carie, catarros, gripe, obesidade) e aplica actuacións para á súa prevención.
          - Planifica, de forma autónoma e creativa, actividades de ocio e tempo libre, individuais e en grupo.
          - Clasifica e diferencia alimentos en función dos nutrientes principais.
          - Identifica sistemas de conservación alimentaria.
          - Analiza dietas e elabora un menú equilibrado na escola.
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Coñecer a morfoloxía externa do propio corpo e os órganos máis importantes para o seu funcionamento.
- Identificar e explicar as consecuencias para a saúde e o desenvolvemento persoal de determinados hábitos de alimentación, hixiene, exercicio físico e descanso.
- Deseñar un menú equilibrado para a súa idade.

BLOQUE 3. OS SERES VIVOS.          
- Contidos
- Diferenza entre seres vivos e inertes.
- Identificación de animais e de plantas como seres vivos.
- Clasificación de animais vertebrados e invertebrados a partir de características observables.
- Clasificación das plantas (herbas, arbustos e árbores) a partir de características observables.
- Utilización guiada de claves e de guías de animais e plantas para a clasificación e identificación dalgunhas especies existentes en Galicia.
- Identificación de cambios observables que se producen nos seres no contorno.
- Valoración da biodiversidade e interese pola súa conservación.
- Planificación, observación e comparación das diversas maneiras en que os seres vivos realizan as funcións vitais utilizando instrumentos apropiados e medios audiovisuais e tecnolóxicos da maneira máis precisa e rigorosa posible. Comunicación dos resultados, empregando distintos soportes textuais.
           
            - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
            - Observa, identifica e recoñece as características básicas e clasifica animais vertebrados e invertebrados do seu contorno, con criterio científico.
            - Observa, identifica e recoñece as características básicas e clasifica plantas do seu contorno, con criterio científico.
            - Utiliza claves e guías para a clasificación científica de animais e plantas.
            - Identifica hábitats de seres vivos e elabora un protocolo para respectar a biodiversidade.
            - Coñece e explica as funcións de relación, reprodución e alimentación.
            - Planifica, observa, compara, rexistra e comunica, empregando soportes textuais variados, os resultados da observación do ciclo vital previamente planificado.


- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Identificar e clasificar, con criterios científicos, animais, plantas e rochas do seu contorno próximo, recoñecendo as súas características principais, buscando información en fontes variadas.
- Planificar, observar e comparar, empregando os instrumentos e o material necesarios e rexistrar de forma cooperativa, algún proceso asociado ao ciclo vital dun ser vivo contrastando os rexistros propios e os dos compañeiros con información doutras fontes. Comunicar de xeito oral e escrito os resultados, empregando soportes textuais variados.

BLOQUE 4. MATERIA E ENERXÍA.   
- Contidos
- O sol e a auga como fontes de enerxía.
- Características e propiedades do aire e actuacións necesarias para evitar a súa contaminación.
- Valoración da importancia da boa calidade da auga e do aire para a nosa saúde e o mantemento da vida.
– Intervención da enerxía na vida cotiá.
- Uso responsable dos recursos naturais do planeta. Aforro enerxético.
- A produción de residuos, a contaminación e o impacto ambiental.
- Desenvolvemento de actitudes individuais e colectivas fronte a determinados problemas medioambientais.
- . Realización de experiencias sinxelas sobre o comportamento dos corpos (lupas, espellos, auga e prismas) diante da luz.
- Identificación de forzas coñecidas que fan que os obxectos se movan ou deformen.
- Realización de experiencias con mesturas.
- Identificación de compoñentes e preparación dunha mestura.
- Procedementos de separación.
           

            - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
            - Identifica e coñece a intervención da enerxía nos cambios da vida cotiá.
            - Explica algunhas características e propiedades do aire e as actuacións necesarias para evitar a súa contaminación.
            - Elabora protocolos para mellorar os problemas medioambientais da súa contorna.
            - Investiga e explica o comportamento de certos corpos diante da luz.
            - Identifica forzas coñecidas que fan que os obxectos se movan ou se deformen a través de experiencias ou pequenas investigacións.
            - Compara densidades de diferentes substancias de uso cotián con respecto á auga e presenta conclusións en diferentes soportes.
            - Identifica e prepara algunhas mesturas de uso doméstico.
            - Separa compoñentes dalgunhas mesturas de uso cotián presentando conclusións sobre os resultados.
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Identificar, a partir de exemplos da vida cotiá, usos dos recursos naturais e consecuencias do seu uso inadecuado facendo fincapé no aforro enerxético e no impacto medioambiental.
- Realizar experiencias sinxelas e pequenas investigacións para recoñecer os cambios de certos corpos diante da luz e os efectos de forzas coñecidas no movemento dos corpos.
- Realizar experiencias con mesturas sinxelas de substancias relacionadas coa vida doméstica e do contorno e achegar conclusións sobre os resultados.

BLOQUE 5. A TECNOLOXÍA, OBXECTOS E MÁQUINAS       
- Contidos
- Identificación da enerxía que fai funcionar as máquinas de uso cotián e doméstico e algúns operadores mecánicos (eixe, roda, polea, plano inclinado, engrenaxe, freo, panca, manivela etc.).
- Importancia da ciencia e da tecnoloxía para mellorar as condicións de vida e de traballo.
- Planificación e realización dalgún obxecto ou máquina de construción sinxela.
- Manexo de ferramentas, aparellos e máquinas de uso doméstico, superando estereotipos sexistas.
- Prevención de riscos no emprego de máquinas de uso cotián.
           
            - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
            - Manipula e identifica algunhas máquinas e aparellos sinxelos e habituais na vida cotiá, analizando o seu funcionamento.
            - Coñece a enerxía que empregan as máquinas de uso habitual e explica a importancia da ciencia e a tecnoloxía na vida cotiá.
            - Identifica e describe oficios en función dos materiais, das ferramentas e das máquinas que empregan.
            - Aplica os coñecementos ao deseño e á construción dalgún obxecto ou aparello sinxelo, empregando operacións matemáticas no cálculo previo, así como as tecnolóxicas: unir, cortar, pegar...
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Manipular e observar o funcionamento de aparellos e máquinas sinxelas simples e das complexas máis habituais e o seu uso na vida cotián.
- Planificar e realizar a construción de forma cooperativa dalgún obxecto ou máquina sinxela para a resolución dun problema formulado e presentar os resultados en diferentes soportes.

Mínimos esixibles:

v  Presenta os traballos, en soporte dixital ou papel, de maneira ordenada, clara e limpa.
v  Reflexiona sobre o traballo realizado, saca conclusións sobre como traballa e aprende e elabora estratexias para seguir aprendendo.
v  Utiliza estratexias para traballar de forma individual e en equipo amosando habilidades para a resolución pacífica de conflitos.
v  Localiza os principais órganos vitais e entende a súa importancia no funcionamento do organismo.
v  Identifica e adopta hábitos de hixiene, de descanso e de alimentación sa e diferencia prácticas e mensaxes que son contraproducentes para a saúde.
v  Clasifica e diferencia alimentos en función dos nutrientes principais.
v  Observa e recoñece as características básicas e clasifica animais vertebrados e invertebrados do seu contorno.
v  Coñece e explica as funcións de relación, reprodución e alimentación.
v  Manifesta ideas para mellorar os problemas medioambientais da súa contorna.
v  Identifica forzas coñecidas que fan que os obxectos se movan ou se deformen.
v  Identifica e describe oficios en función dos materiais, das ferramentas e das máquinas que empregan.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

FOTOS FIN DE CURSO

 Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!! trim1-1 --> https:// we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https...