Archivo del blog

jueves, 21 de noviembre de 2019

OBXECTIVOS DO CURSO




           

Estes son os obxectivos presentes na programación, seguindo o Decreto 105/2014 do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.


En 4º de Educación Primaria tentaranse acadar os seguintes obxectivos:

a)  Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
b)  Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.
c)  Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan.
d)  Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade.
e)  Coñecer e comezar a utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.
g)  Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo, e coñecementos xeométricos, así como ser quen de aplicalos ás situacións da súa vida cotiá.
h)  Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais, a xeografía, e a cultura, con especial atención a aqueles relacionados e vinculados con Galicia.
i )  Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación.
l )  Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais.
m) Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o dos outros, respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.
n)  Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano.
ñ)  Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas.
o)  Fomentar a educación viaria e actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.
p)  Coñecer, apreciar e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais de Galicia, poñendo de relevancia as mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e sociedade galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FOTOS FIN DE CURSO

 Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!! trim1-1 --> https:// we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https...