Archivo del blog

jueves, 21 de noviembre de 2019

AVALIACIÓN


  PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

A avaliación tanto dos procesos de aprendizaxe do alumnado como da propia práctica docente será continua. A avaliación docente terá, á súa vez, como obxectivo adaptar as estratexias educativas adoptadas ao longo do curso ás necesidades específicas do alumnado.
Tendo en conta sempre que a avaliación é un proceso flexible, os procedementos a empregar serán variados:
ü  Observación directa do traballo diario e da forma en que se relaciona o grupo, así como da autonomía.
ü  Análise e valoración de tarefas especialmente creadas para a avaliación.
ü  Valoración cuantitativa do avance individual (cualificacións).
ü  Valoración cualitativa do avance individual (anotacións e puntualizacións).
ü  Valoración cuantitativa do avance colectivo.
ü  Valoración cualitativa do avance colectivo.
ü  Autoavaliación do propio alumnado e da propia práctica docente.
Os instrumentos que empregaremos para a avaliación son:

§  Observación directa.
§  Cadernos de aula e diarios.
§  Probas de avaliación por competencias.
§  Probas de avaliación de contidos (avaliación inicial, de unidades, trimestrais e final).
§  Gravación audio e vídeo de actividades.

14)          CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN


No marco da avaliación continua a nota da avaliación obterase tendo en conta os seguintes aspectos:

ELEMENTOS AVALIABLES
PUNTUACIÓN MÁXIMA
·         Actitude de participación do alumnado na clase: respecto das normas, dos compañeiros, compañeiras, e dos límites, preguntas, atención, interese.
·         A realización de traballos de grupo e/ou individuais. Cadernos de traballo, proxectos, debates.
·         Nivel de lectura e escritura, coidado do material.
·         Esforzo e solidariedade.

                    60/%

·         Realización de, polo menos, un exame por avaliación (oral ou escrito).


                    40%

REXISTRO PARA A AVALIACIÓN DA ACTITUDE NA AULA

Nome:            


S. Sí      AV. A veces     N. No

Actitude
Frecuencia
Evidencias
Respecta as normas.




Respecta aos compañeiros e compañeiras.




Respecta os límites.




Pon atención as explicacións.




Mostra interese por aprender.




Pide axuda cando a necesita.




Ten un caderno de traballo completo e coidado.




Participa nos proxectos con interese.




Participa nos debates respectando as opinión dos demais e as quendas de palabra.




Ten unha boa comprensión lectora.




Escribe con coherencia e coidando a ortografía e a presentación.




Respecta o seu material e o de aula.




Ten afán de superación e esfórzase por mellorar.




Axuda aos seus compañeiros e compañeiras cando o necesitan.





1)               INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DO ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE.

En relación ao proceso de ensino e á práctica docente os indicadores de logro permiten valorar:
- Se existe un clima de traballo óptimo (de respecto, favorecedor da concentración, intervencións axeitadas,...)
-  Se se está cumprindo coa planificación: actividades, tempos, responsabilidades,…
- Se existe desviación entre o obxectivo definido e a acción ou accións deseñadas para conseguilo.
- Se se están conseguindo outras cousas distintas ás planificadas intencionadamente.
- Se se está progresando na liña definida no obxectivo.
- Se os resultados obtidos xeran satisfacción nos implicados.
Para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente marcamos os seguintes indicadores de logro
•  Que porcentaxe de alumnado vén á escola con ganas?
Que porcentaxe de alumnado ten unha convivencia tranquila e pacífica?
Que porcentaxe de alumnado traballa a gusto na aula?
Que porcentaxe de alumnado alcanzou os obxectivos de aprendizaxe da unidade?
•  Que procedementos ou tipo de actividades funcionaron mellor na aula?
•  Que cambiaría no desenvolvemento da acción docente o próximo curso? Por que?
Dentro do proceso de ensino e aprendizaxe, o equipo docente de cada grupo do alumnado celebrará sesións de avaliación para valorar tanto as aprendizaxes do alumnado, como os procesos de ensino e a nosa propia práctica docente.
O equipo docente deberá adoptar as medidas ordinarias ou extraordinarias máis adecuadas. Estas medidas fixaranse en plans de mellora de resultados colectivos ou individuais que permitan solventar as dificultades, en colaboración coas familias e mediante recursos de apoio educativo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FOTOS FIN DE CURSO

 Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!! trim1-1 --> https:// we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https...