Archivo del blog

jueves, 21 de noviembre de 2019

ÁREA DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA:



-          Obxectivos


  1.  Utilizar de forma axeitada os aspectos normativos da lingua.
  2. Expresar con claridade, ordenada e coherentemente, vivencias, ideas, observacións, sentimentos, etc.
  3.  Elixir as formas de expresión axeitadas ás diferentes situacións e intencións comunicativas.
  4.  Valorar e aceptar as aportacións propias e as dos demais, respectando as normas do intercambio comunicativo.
  5.  Extraer información da lectura de textos con unha finalidade previa: buscar, seleccionar e recompilar a información.
  6.  Comprender textos escritos en diferentes contextos.
  7. Producir textos escritos propios sinxelos, con unha finalidade ou necesidade (normas, notas, cartas, avisos, circulares...).
8.  Redactar diversos tipos de texto: contos, redaccións, descricións, poemas,… coidando a ortografía, a puntuación e a coherencia.
9. Utilizar, de maneira dirixida, as tecnoloxías da información e a comunicación –TIC– e os diferentes tipos de bibliotecas mostrando respecto polas súas normas de funcionamento.
10. Identificar e apreciar a unidade e a diversidade lingüística española.
11..  Desenvolver o hábito e o gusto pola lectura, dedicándolle parte do tempo libre dispoñible.
12.  Ler en voz alta e en silencio e utilizar a lectura como medio de gozo e de aprendizaxe.
13.  Ler de forma comprensiva e expresiva textos como medio de afianzar, consolidar e reforzar o uso da lingua, ampliar vocabulario, normas ortográficas, apreciar valores artísticos e culturais.

            BLOQUE 1. COMUNICACIÓN ORAL. FALAR E ESCOITAR.

- Contidos

- Estratexias e normas para o intercambio comunicativo: participación; exposición clara; escoita; respecto á quenda de palabra; entoación adecuada; respecto polos sentimentos, experiencias, ideas, opinións e coñecementos dos e das demais.
- Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.
- Participación en situación de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso ordenado e coherente.
- Dedución das palabras polo contexto. Interese pola ampliación do vocabulario. Creación de redes semánticas sinxelas.
- Comprensión global e específica de textos orais de diversa tipoloxía atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e a súa intención comunicativa(informativos, literarios e prescritiños).
- Reprodución de textos adecuados ao nivel que estimulen o seu interese.
- Produción de textos orais de diversa tipoloxía segundo o seu formato e intención comunicativa.
- Estratexias para utilizar a linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar
           

- Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables


            - Expresa ideas, pensamentos, opinións, sentimentos con certa claridade.
            - Aplica as normas sociocomunicativas: escoita atenta, espera de quendas, participación respectuosa.
            - Integra recursos verbais e non verbais para comunicarse nas interaccións orais, dándolle valor complementario a estes.
            - Exprésase cunha pronunciación e unha dicción correctas: articulación, ritmo, entoación.
            - Participa activamente e con coherencia na secuencia das súas ideas en diversas situación de comunicación: diálogos, exposicións orais segundo modelo e guiadas, con axuda, cando cumpra, das tecnoloxías da información e comunicación.
            - Participa activamente nas tarefas de aula, cooperando en situación de aprendizaxe compartida.
            - Utiliza o vocabulario axeitado a súa idade para expresarse con progresiva precisión nos diferentes contextos de comunicación.
            - Diferencia polo contexto o significado de correspondencias fonema-grafía idénticas en textos significativos.
            - Comprende de forma global a información xeral de textos orais de uso habitual, do ámbito escolar e social, identifica o tema e selecciona as ideas principais.
            -  Recoñece a tipoloxía de textos orais sinxelos de diversa tipoloxía atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritiños).
            - Responde preguntas correspondentes á comprensión literal.
            - Utiliza a información recollida para levar a cabo diversas actividades en situación de aprendizaxe individual ou colectiva.
            - Reproduce de memoria breves textos literarios ou non literarios axeitados aos seus gustos e intereses.
            - Elabora, imitando modelos, textos orais breves e sinxelos atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritiños).
            - Organiza o discurso axeitándose aos diferentes modos discursivos (narrar, expoñer, describir e dialogar).
            - Emprega de xeito efectivo a linguaxe oral para comunicarse e aprender: escoita, recollida de datos, pregunta e repregunta.
            - Utiliza de xeito guiado os medios audiovisuais e dixitais para recoller información.
            - Transforma en noticias feitos cotiás próximos á súa realidade, imitando modelos.
            - Resume de forma global entrevistas, noticias e debates infantís procedentes dos medios de comunicación.

- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.


            - Participar en situacións de comunicación, dirixidas ou espontáneas, respectando as normas da comunicación: quenda de palabra, escoitar.
            - Recoñecer a información verbal e non verbal dos discursos orais e integrala nas producións propias.
            - Expresarse con coherencia básica de forma oral para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións.
            - Facer hipóteses sobre o significado de palabras sinxelas a partir do seu contexto de uso.
            - Recoñecer o tema e as ideas principais dos textos orais sinxelos.
            - Reproducir textos axeitados á súa idade, os seus gustos e intereses, utilizando con creatividade as distintas estratexias de comunicación oral.
            - Producir textos orais breves e sinxelos dos xéneros máis habituais imitando modelos e adecuados ao seu nivel.
            - Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral: escoitar con atención, recoller datos, preguntar e re preguntar.
            - Valorar os medios de comunicación social como instrumento de aprendizaxe e de acceso a informacións e experiencias de outras persoas.
Estes contidos comezaremos a traballalos dende o primeiro trimestre e durante todo o curso, xa que a comunicación verbal é a base para os outros tipos de comunicación.

BLOQUE 2. COMUNICACIÓN ESCRITA. LER.

- Contidos
- Lectura, en silencio e en voz alta de distintos tipos de texto adecuados ao seu nivel.
- Comprensión global e específica de distintos tipos de texto atendendo a forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados , expositivos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritiños).
- Utilización de estratexias para a comprensión lectora de textos: consideración do título e das ilustracións. Identificación de palabras clave. Relectura. Anticipación de hipóteses de significado polo contexto. Recoñecemento básico da tipoloxía textual. Uso do dicionario.
- Gusto pola lectura. 
- Selección de libros segundo o gusto persoal.
- Lectura dos libros establecidos no Plan lector.
- Uso da biblioteca para a procura de información e utilización da mesma como fonte de aprendizaxe e de lecer.
- Iniciación á creación da biblioteca persoal.
- Identificación e valoración crítica das mensaxes e valores transmitidos polo texto.
           
            - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables 
- Le en silencio e en voz alta, sen dificultade e con certa expresividade, diferentes tipos de textos apropiados á súa idade.
            - Distingue, de forma xeral, entre as diversas tipoloxías textuais en textos do ámbito escolar e social.
            - Resume textos lidos, de diferente tipoloxía, adecuados a súa idade e reflectindo a estrutura e destacando as ideas principais.
            - Formula hipóteses sobre o contido do texto a partir do título e das ilustracións redundantes.
            - Identifica as palabras clave dun texto.
            - Activa coñecementos previos axudándose deles para comprender un texto.
            - Relaciona de xeito global, a información contida nos gráficos e ilustracións coa información que aparece no texto.
            - Interpreta mapas conceptuais sinxelos.
            - Iníciase na utilización autónoma do dicionario en distintos soportes, no seu traballo escolar.
            - Dedica un tempo semanal para a lectura voluntaria de diferentes textos.
            - Consulta biblioteca, de xeito guiado, de diferentes fontes bibliográficas e textos en soporte informático para obter información para realizar traballos individuais ou en grupo.
            - Localiza na biblioteca de aula e centro lecturas axeitadas ao seu gusto persoal e intereses, aplicando as normas básicas de funcionamento da mesma.
            - Identifica o argumento de lecturas realizadas dando conta dalgunhas referencias bibliográficas: autor ou autora e xénero.
            - Coida, conserva e organiza os seus libros.
            - Diferenza entre información e publicidade.
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
            - Ler en voz alta e en silencio, diferentes textos.
            - Comprender distintos tipos de textos adaptados á idade e utilizando a lectura como medio para ampliar o vocabulario e fixar a ortografía.
            - Utilizar estratexias para a comprensión de textos sinxelos de diversa tipoloxía.
            - Ler por propia iniciativa diferentes tipos de textos.
            - Utilizar fontes e soportes existentes na biblioteca para seleccionar e recoller información, ampliar coñecementos e aplicalos en traballos persoais.
            - Mostrar interese por manter unha biblioteca propia.
            - Identificar a estrutura organizativa de diferentes textos lidos, centrándose na interpretación do seu significado.
            - Temporalización: Igual que o bloque e contidos anterior, comezarase a principio de curso e continuarase traballando durante todo o curso, xa que a lectura outro dos pilares da comunicación.

            BLOQUE 3. COMUNICACIÓN ESCRITA. ESCRIBIR.

- Contidos
- Produción de textos para comunicar coñecementos, experiencias e necesidades.
- Cohesión do texto: mantemento do tempo verbal, puntuación.
- Aplicación das normas ortográficas. Acentuación.
- Valoración da propia produción escrita, así como da produción escrita dos seus compañeiros.
- Realización de ditados.
- Normas e estratexias para a produción de textos: planificación (función, destinatario, xeración de ideas, estrutura...)
- Revisión e mellora do texto.
- Creación de textos utilizando a linguaxe verbal e non verbal con intención informativa: carteis publicitarios. Anuncios. Cómics.
- Uso da linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.
- Utilización guiada das Tecnoloxías da Información e da Comunicación de modo eficiente e responsable para presentar as súas producións.
- Produción de textos segundo o seu nivel.
           
            - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
            - Escribe, en diferentes soportes, textos sinxelo do ámbito escolar e social: atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritiños) diarios, cartas, correos electrónicos, noticias, contos, folletos informativos, narracións, textos científicos, anuncios publicitarios, receitas, instrucións, normas....
            - Escribe textos, organizando as ideas utilizando elementos de cohesión básicos e respectando as normas gramaticais e ortográficas básicas.
            - Elabora e presenta, de forma guiada, un informe sinxelo, utilizando soporte papel e informático sobre tarefas ou proxectos realizados.
            - Presenta os seus textos con caligrafía clara e limpeza: evitando riscos, inclinación de liñas etc.
            - Valora a súa propia produción escrita, así como a produción escrita dos seus compañeiros.
            - Pon interese e esfórzase por escribir correctamente.
            - Reproduce textos ditados.
            - Emprega, de xeito guiado e segundo modelos, estratexias de planificación, textualización e revisión do texto.
            - Elabora con creatividade textos breves do seu interese: contos, anuncios, rimas, cancións, cómics, carteis, ilustrándoos para facilitar a súa compresión ou mellorar a súa presentación.
            - Exprésase por escrito, utilizando de xeito habitual, unha linguaxe non sexista e respectuosa coas diferenzas.
            - Usa con axuda Internet e as Tecnoloxías da Información e da Comunicación para escribir, presentar os textos e buscar información, buscar imaxes, crear táboas e gráficas etc.
            - Produce os textos axeitados á súa idade e nivel.


- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
            - Producir textos segundo un modelo con diferentes intencións comunicativas, aplicando as regras ortográficas e coidando a caligrafía, orde e presentación.
            - Valorar a súa propia produción escrita, así como a produción escrita dos seus compañeiros.
            - Buscar unha mellora progresiva no uso da lingua escrita.
            - Aplicar todas as fases do proceso de escritura na produción de textos escritos de distinta índole: planificación, textualización, revisión e reescritura.
            - Elaborar proxectos individuais ou colectivos sobre diferentes temas do seu interese.
            - Favorecer a través da linguaxe a formación dun pensamento crítico que impida discriminacións e prexuízos.
            - Utilizar as Tecnoloxías da Información e da Comunicación de modo eficiente e responsable para presentar as súas producións.

            - Temporalización: Traballarase durante todo o curso.

BLOQUE 4. COMUNICACIÓN ORAL. FALAR E ESCOITAR.

- Contidos
            -A palabra. A sílaba. Ditongos e hiatos.
- Recoñecemento das distintas clases de palabras e explicación reflexiva do seu uso en situacións concretas de comunicación (nome, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos). Características e uso de cada clase de palabra.
-Conxugación dos verbos regulares e irregulares máis frecuentes.
- Recoñecemento das distintas clases de palabras e explicación reflexiva do seu uso en situacións concretas de comunicación (nome, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos). Características e uso de cada clase de palabra.
- Vocabulario. Frases feitas.
- Formación de substantivos, adxectivos e verbos. Recursos derivativos: prefixos e sufixos na formación de nomes, adxectivos e verbos.
- Recoñecemento e observación reflexiva dos constituíntes oracionais: a oración simple, suxeito e predicado.
- Recoñecemento e uso dalgúns conectores textuais básicos.
- Uso eficaz do dicionario para ampliación de vocabulario e como consulta ortográfica e gramatical.
- Clases de nomes: comúns, propios, individuais, colectivos, concretos e abstractos.
- Ortografía: utilización das regras básicas de ortografía. Regras de acentuación. Signos de puntuación.
- As relacións gramaticais Recoñecemento e explicación reflexiva das relacións que se establecen entre o substantivo e o resto dos compoñentes do grupo nominal.
- Utilización de material multimedia educativo e outros recursos didácticos ao seu alcance e propios da súa idade.
- Valoración da diversidade da lingua na nosa comunidade autónoma.
- Identificación das similitudes e diferenzas entre as linguas que coñece para mellorar na súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada.
            - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
            - Coñece e recoñece as categorías gramaticais pola súa función na lingua: presentar ao nome, substituír ao nome, expresar característica s do nome, expresar accións ou estados.
            - Utiliza con corrección os tempos simples e compostos nas formas persoais e non persoais do modo indicativo e subxuntivo dos verbos ao producir textos orais e escritos.
            - Diferenza familias de palabras.
            - Coñece, recoñece e usa sinónimos, antónimos, polisémicos ou frases feitas na expresión oral e escrita.
            - Recoñece prefixos e sufixos e é capaz de crear palabras derivadas.
            - Identifica e clasifica os diferentes tipos de palabras nun texto.
            - Utiliza diversos conectores básicos entre oracións ao producir textos orais e escritos.
            - Recoñece a oración simple, distingue suxeito e predicado.
            - Iníciase no coñecemento da estrutura do dicionario e no seu uso para buscar o significado de diferentes tipos palabras.
            - Selecciona a acepción correcta segundo o contexto de entre as varias que lle ofrece o dicionario.
            - Utiliza as normas ortográficas básicas nas súas producións escritas.
            - Utiliza as diferentes clases de palabras para elaborar o discurso.
            - Utiliza correctamente as normas de concordancia de xénero e de número na expresión oral e escrita.
            - Aplica as normas de acentuación e clasifica as palabras dun texto.
            - Usa os signos de puntuación ao producir textos escritos.
            - Aplica as normas de uso da til nos seus textos escritos.
            - Utiliza unha sintaxe básica nas producións escritas propias.
            - Utiliza distintos programas educativos dixitais e outros recursos didácticos ao seu alcance e propios da súa idade como apoio e reforzo da aprendizaxe.
            - Valora a variedade lingüística de España
            - Compara aspectos (gráficos, sintácticos e léxicos) das linguas que coñece.

- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Aplicar os coñecementos básicos sobre a estrutura da lingua, a gramática (categorías gramaticais), o vocabulario (formación e significado das palabras e campos semánticos), así como as regras de ortografía para favorecer unha comunicación máis eficaz.
- Desenvolver as destrezas e competencias lingüísticas a través do uso da lingua.
- Sistematizar a adquisición de vocabulario a través dos textos.
- Desenvolver estratexias para mellorar a comprensión oral e escrita a través do coñecemento da lingua.
- Utilizar programas educativos dixitais e outros recursos didácticos ao seu alcance e propios da súa idade para realizar tarefas e avanzar na aprendizaxe.
- Valorar a variedade lingüística de España e do español como fonte de enriquecemento cultural.
- Comparar aspectos básicos das linguas que coñece para mellorar na súa aprendizaxe e lograr unha competencia integrada.

- Temporalización excepción das “Clases de nomes”, que se traballará no segundo trimestre, o demais traballarase dende todo o curso, agardando profundar nas aprendizaxes ata acadar os obxectivos a final de curso.

BLOQUE 5. EDUCACIÓN LITERARIA
- Contidos
- Valoración dos textos literarios como vehículo de comunicación e como fonte de coñecemento doutros mundos, tempos e culturas e como gozo persoal.
- Lectura guiada de textos narrativos de tradición oral, literatura infantil, adaptacións de obras clásicas e literatura actual.
-  Lectura comentada de poemas, relatos e obras teatrais.
-  Identificación de recursos literarios
- Distinción entre conto e lenda. Coñecemento de lendas españolas e doutros países.
- Identificación de recursos literarios.
- Creación de textos literarios en prosa ou en verso, valorando o sentido estético e a creatividade: contos, poemas, adiviñas, cancións e teatro.
- Comprensión, memorización e recitado de poemas co ritmo, entoación e dicción adecuados.
- Dramatización e lectura dramatizada de textos literarios.
- Valoración da literatura en calquera lingua (maioritaria, minoritaria ou min orizada) como vehículo de comunicación e como recurso de gozo persoal.
           
            - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
            - Valora de forma global, as características fundamentais de textos literarios narrativos, poéticos e dramáticos.
            - Realiza lecturas guiadas e comentadas de textos narrativos de tradición oral, literatura infantil, adaptacións de obras clásicas e literatura actual.
            - Interpreta, intuitivamente, a linguaxe figurada en textos literarios.
            - Distingue algúns recursos retóricos básicos propios dos poemas.
            - Utiliza, de xeito guiado, comparacións, aumentativos, diminutivos e sinónimos en textos literarios.
            - Crea, con axuda, sinxelos textos literarios (contos, poemas, cancións e sinxelas obras teatrais) a partir de pautas ou modelos dados.
            - Memoriza e re produce sinxelos textos orais adecuados á súa idade: contos, poemas, cancións.
            - Realiza dramatizacións individualmente e en grupo de textos literarios axeitados á súa idade.
            - Valora a literatura en calquera lingua, especialmente en lingua galega, como vehículo de comunicación e como recurso de gozo persoal.

- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Valorar os textos literarios e utilizar a lectura como fonte de lecer e información.
- Integrar a lectura expresiva e a comprensión e interpretación de textos literarios narrativos, líricos e dramáticos na práctica escolar e recoñecer e interpretar algúns recursos básicos da linguaxe literaria e diferenza das principais convencións formais dos xéneros.
- Coñecer e valorar os recursos literarios da tradición oral: poemas, cancións, contos, refráns e adiviñas.
- Producir a partir de modelos dados textos literarios en prosa ou en verso, con sentido estético e creatividade: contos, poemas, adiviñas, cancións e fragmentos teatrais.
- Reproducir textos literarios breves e sinxelos e adaptados á idade.
- Participar con interese en dramatizacións de textos literarios adaptados á idade.
- Valorar a literatura en calquera lingua, especialmente en lingua galega, como vehículo de comunicación e como recurso de gozo persoal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

FOTOS FIN DE CURSO

 Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!! trim1-1 --> https:// we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https...