Archivo del blog
jueves, 28 de noviembre de 2019
LOS COLORES SON COLORES
LOS COLORES SON DE TODOS. LOS COLORES SON DEL ARCO IRIS!!!
https://www.youtube.com/watch?v=mCuOpZeUUeU
lunes, 25 de noviembre de 2019
CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO
Esta semana nos centraremos un poquito más en este tema, ya que hoy celebramos el día contra la violencia de género.
Comenzamos con "La puerta violeta" de Rozalén
https://youtu.be/ZibKi5BJs9w
Comenzamos con "La puerta violeta" de Rozalén
https://youtu.be/ZibKi5BJs9w
jueves, 21 de noviembre de 2019
AVALIACIÓN
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS
DE AVALIACIÓN
A
avaliación tanto dos procesos de aprendizaxe do alumnado como da propia
práctica docente será continua. A avaliación docente terá, á súa vez, como
obxectivo adaptar as estratexias educativas adoptadas ao longo do curso ás
necesidades específicas do alumnado.
Tendo en conta sempre que a
avaliación é un proceso flexible, os procedementos a empregar serán variados:
ü
Observación
directa do traballo diario e da forma en que se relaciona o grupo, así como da
autonomía.
ü
Análise
e valoración de tarefas especialmente creadas para a avaliación.
ü
Valoración
cuantitativa do avance individual (cualificacións).
ü
Valoración
cualitativa do avance individual (anotacións e puntualizacións).
ü
Valoración
cuantitativa do avance colectivo.
ü
Valoración
cualitativa do avance colectivo.
ü
Autoavaliación
do propio alumnado e da propia práctica docente.
Os instrumentos que empregaremos
para a avaliación son:
§
Observación
directa.
§
Cadernos
de aula e diarios.
§
Probas
de avaliación por competencias.
§
Probas
de avaliación de contidos (avaliación inicial, de unidades, trimestrais e
final).
§
Gravación
audio e vídeo de actividades.
14)
CRITERIOS
DE CUALIFICACIÓN
No marco da avaliación continua a
nota da avaliación obterase tendo en conta os seguintes aspectos:
ELEMENTOS AVALIABLES
|
PUNTUACIÓN MÁXIMA
|
·
Actitude de participación do
alumnado na clase: respecto das normas, dos compañeiros, compañeiras, e dos
límites, preguntas, atención, interese.
·
A realización de traballos de
grupo e/ou individuais. Cadernos de traballo, proxectos, debates.
·
Nivel de lectura e escritura,
coidado do material.
·
Esforzo e solidariedade.
|
60/%
|
·
Realización de, polo menos, un
exame por avaliación (oral ou escrito).
|
40%
|
REXISTRO
PARA A AVALIACIÓN DA ACTITUDE NA AULA
Nome:
S. Sí AV. A veces N. No
Actitude
|
Frecuencia
|
Evidencias
|
||
Respecta
as normas.
|
|
|
|
|
Respecta
aos compañeiros e compañeiras.
|
|
|
|
|
Respecta
os límites.
|
|
|
|
|
Pon
atención as explicacións.
|
|
|
|
|
Mostra
interese por aprender.
|
|
|
|
|
Pide axuda
cando a necesita.
|
|
|
|
|
Ten un
caderno de traballo completo e coidado.
|
|
|
|
|
Participa
nos proxectos con interese.
|
|
|
|
|
Participa
nos debates respectando as opinión dos demais e as quendas de palabra.
|
|
|
|
|
Ten unha
boa comprensión lectora.
|
|
|
|
|
Escribe
con coherencia e coidando a ortografía e a presentación.
|
|
|
|
|
Respecta o
seu material e o de aula.
|
|
|
|
|
Ten afán
de superación e esfórzase por mellorar.
|
|
|
|
|
Axuda aos
seus compañeiros e compañeiras cando o necesitan.
|
|
|
|
|
1)
INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DO ENSINO E A PRÁCTICA
DOCENTE.
En relación ao proceso
de ensino e á práctica docente os indicadores de logro permiten valorar:
- Se existe un clima de
traballo óptimo (de respecto, favorecedor da concentración, intervencións
axeitadas,...)
- Se se está cumprindo
coa planificación: actividades, tempos, responsabilidades,…
- Se existe desviación
entre o obxectivo definido e a acción ou accións deseñadas para conseguilo.
- Se se están
conseguindo outras cousas distintas ás planificadas intencionadamente.
- Se se está progresando
na liña definida no obxectivo.
- Se os resultados
obtidos xeran satisfacción nos implicados.
Para avaliar o proceso
de ensino e a práctica docente marcamos os seguintes indicadores de logro
• Que porcentaxe de alumnado vén á escola con
ganas?
Que
porcentaxe de alumnado ten unha convivencia tranquila e pacífica?
Que
porcentaxe de alumnado traballa a gusto na aula?
Que
porcentaxe de alumnado alcanzou os obxectivos de aprendizaxe da unidade?
• Que procedementos ou tipo de actividades
funcionaron mellor na aula?
• Que cambiaría no desenvolvemento da acción
docente o próximo curso? Por que?
Dentro do proceso de ensino e aprendizaxe, o equipo
docente de cada grupo do alumnado celebrará sesións de avaliación para valorar
tanto as aprendizaxes do alumnado, como os procesos de ensino e a nosa propia
práctica docente.
O equipo docente deberá adoptar as medidas
ordinarias ou extraordinarias máis adecuadas. Estas medidas fixaranse en plans
de mellora de resultados colectivos ou individuais que permitan solventar as
dificultades, en colaboración coas familias e mediante recursos de apoio
educativo.
CIENCIAS SOCIAIS.
- Obxectivos
1.
Coñecer o relevo de España, e localizar no mapa elementos principais.
2. Recoñecer a influencia do ser
humano, discriminar as características dun espazo protexido e inferir a
necesidade da súa conservación.
3. Utilizar diferentes fontes de
información para a análise de feitos ou fenómenos e expresar e aprender os
contidos das Ciencias Sociais.
4. Desenvolver valores como a responsabilidade,
a capacidade de esforzo e a constancia no traballo.
5. Utilizar e ver o traballo en
grupo como fonte de crecemento persoal e social fomentando valores de
tolerancia e respecto de ideas e opinións, e resolvendo conflitos por si sos.
6. Ter capacidade de creatividade
para afrontar os problemas da vida propoñendo solucións emprendedoras.
7. Discernir a importancia de
medios de comunicación, publicidade, comunicacións e transportes e o seu
impacto na vida das persoas.
8. Reflexionar sobre a nosa democracia a través do coñecemento da
Constitución de 1978.
9.
Interiorizar os dereitos humanos e os valores distintivos da sociedade
valorando e respectando a súa aplicación.
10.
Comprender a situación de España na Unión Europea..
15.
Afondar no coñecemento da Prehistoria e da Idade Antiga.
BLOQUE 1.
CONTIDOS COMÚNS
- Contidos
- Iniciación ao coñecemento científico, toma
de conciencia das súas fases e a súa aplicación nas Ciencias sociais. Proposta
de traballo que xurda dun problema, acontecemento ou inquedanza e que supoña un
proceso de investigación e acción que garanta participación activa do alumnado
e facilite o proceso de autorregulación de aprendizaxes.
- Busca e selección de información empregando
as TIC e outras fontes (directas e indirectas), organización, análise,
documentación do proceso (mediante uso do cartafoles) e comunicación das
conclusións.
- Planificación e xestión de proxectos co fin
de acadar obxectivos. Iniciativa emprendedora.
- .Emprego de técnicas de estudo individual e
de estratexias de traballo cooperativo. Valoración do esforzo e coidado do
material.
- Participación activa e construtiva na vida
social, uso das normas de convivencia.
- A cooperación e o diálogo como valores
democráticos e recursos básicos na resolución pacífica de conflitos.
- Utilización da terminoloxía propia da
área.-Elaboración dun glosario da área.
- Fomento de Técnicas de animación á lectura
de textos de divulgación das Ciencias sociais (de carácter social, xeográfico e
histórico). -A prensa escrita e dixital como fontes de información.
- Utilización e lectura de diferentes
linguaxes textuais e gráficos.
- Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
- Busca
información (empregando as TIC e outras fontes directas e indirectas), selecciona
a información relevante, a organiza, analiza, obtén conclusións sinxelas e as
comunica oralmente e/ou por escrito.
- Manifesta
autonomía na planificación e execución de accións e tarefas, ten iniciativa na
toma de decisións e asume responsabilidades.
-
Realiza as tarefas encomendadas e presenta os traballos de maneira ordenada,
clara e limpa.
-
Participa en actividades individuais e de grupo, e emprega estratexias de
traballo cooperativo valorando o esforzo e o coidado do material.
-
Adoita un comportamento responsable, construtivo e solidario respectando
diferentes ideas e achegas nos debates, recoñecendo a cooperación e o diálogo
como principios básicos do funcionamento democrático.
-
Emprega de maneira axeitada o vocabulario adquirido para ser capaz de ler,
escribir e falar sobre Ciencias sociais.
-
Expón oralmente de forma clara e ordenada, contidos relacionados coa área, que
manifestan a comprensión de textos orais e /ou escritos de carácter xeográfico,
social e histórico.
-
Analiza informacións relacionadas coa área e manexa imaxes, táboas, gráficos,
esquemas, resumos e as tecnoloxías da información e a comunicación.
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Realizar
un traballo de investigación que supoña a busca, selección e organización de
información sobre fenómenos previamente delimitados, a realización dun produto,
a documentación do proceso e a comunicación do resultados.
- Empregar
estratexias de traballo cooperativo, adoitar un comportamento de respecto e
tolerancia ante as diferentes ideas e achegas alleas nos diálogos e debates,
valorando o esforzo e amosando actitudes de cooperación, participación e
respecto cara aos demais.
- Coñecer
e utilizar as palabras claves e conceptos necesarios para ser capaz de ler, escribir
e falar sobre Ciencias sociais, así como comprender diferentes linguaxes
recollidos en textos de carácter social, xeográfico ou histórico.
BLOQUE 2. O MUNDO QUE
NOS RODEA.
- Contidos
- A litosfera: placas tectónicas. Os volcáns,
os terremotos e as súas consecuencias.
- Formas de representación da Terra: planos,
mapas, planisferios e globos terráqueos.
- Identificación dos polos, o eixe e os
hemisferios.
- Os paralelos e meridianos. As coordenadas
xeográficas: latitude e lonxitude.
- Planos, mapas e planisferios. Mapas físicos
e políticos.
- Escalas e signos convencionais dun mapa.
- Orientación no espazo: Elaboración dun
itinerario coa axuda de ferramentas dixitais.
- O tempo atmosférico.
- Medición e predición meteorolóxica.
Instrumentos de medida. Elaboración e comunicación dun parte meteorolóxico
empregando as TIC (programa de radio, boletín meteorolóxico etc.).
- Gráficos sinxelos de temperaturas e
precipitacións: os climogramas.
- Os mapas do tempo. Símbolos convencionais.
- A hidrosfera. Distribución das augas no
planeta. Masas e cursos de auga.
- Vertentes hidrográficas.
- Os tramos dun río.
- A litosfera: características e tipos de
rochas.
- Rochas e minerais: propiedades, usos e
utilidades.
- A diversidade xeográfica das paisaxes de
Galicia: relevo e hidrografía. Utilización de sistemas de información
xeográfica.
- A intervención humana no medio.
- A contaminación e o cambio climático.
- Desenvolvemento sostible e consumo
responsable. Elaboración dunha campaña de concienciación no centro educativo.
- Concreción dos
estándares de aprendizaxe avaliables
- Coñece
e define a formación da litosfera e a dinámica de placas tectónicas e as súas
consecuencias.
- Explica
e compara as distintas formas de representación da Terra, planos, mapas,
planisferios e globos terráqueos identificando polos, eixe e hemisferios.
-
Localiza diferentes puntos da Terra empregando os paralelos e meridianos e as
coordenadas xeográficas.
-
Identifica e clasifica distintos tipos de mapas, define que é a escala nun
mapa, o seu uso e emprega e interpreta os signos convencionais básicos que
poden aparecer nel.
-
Define tempo atmosférico, identifica os distintos instrumentos de medida que se
utilizan para a recollida de datos atmosféricos clasificándoos segundo a función
e información que proporcionan e fai medicións, interpretacións de datos e
predicións do tempo atmosférico.
-
Describe unha estación meteorolóxica, explica a súa función e confecciona e
interpreta gráficos sinxelos de temperaturas e precipitacións.
-
Interpreta e elabora sinxelos mapas meteorolóxicos distinguindo os seus
elementos principais.
-
Define hidrosfera, e identifica e nomea as grandes masas e cursos de auga,
explicando como se forman as augas subterráneas, como afloran e como se accede
a elas.
-
Diferencia cuncas e vertentes hidrográficas.
-
.Identifica e nomea os tramos dun río e as características de cada un deles.
-
.Observa, identifica e explica a composición das rochas nomeando algúns dos
seus tipos.
-
Identifica e explica as diferenzas entre rochas e minerais, describe os seus
usos e utilidades clasificando algúns minerais segundo as súas propiedades.
-
.Localiza nun mapa as principais unidades de relevo en Galicia e as súas
vertentes hidrográficas.
-
Sitúa nun mapa os mares, océanos e os grandes ríos de Galicia.
-
Explica a importancia do coidado do medio, así como as consecuencias da acción
humana neste.
-
Propón algunhas medidas para o desenvolvemento sostible e o consumo
responsable.
- Criterios de
avaliación e de cualificación e promoción.
- .Coñecer
a formación da litosfera e a dinámica de placas tectónicas e analizaras súas
influencias e consecuencias no medio que o rodea.
- Explicar
e comparar as distintas formas de representar a superficie terrestre
identificando os polos, o eixe e os hemisferios e analizar cal delas reflicte
mellor a realidade á que representa.
-
Identificar e manexar os conceptos de paralelos, meridianos e coordenadas
xeográficas para localizar determinados puntos da Terra.
-
Diferenciar correctamente entre planos, mapas, planisferios, mapas físicos e
políticos, analizar e describir as características máis relevantes de cada un e
interpretar a súa escala e signos convencionais básicos de cara a orientarse
nun espazo determinado e á elaboración dun itinerario empregando as TIC.
-
Explicar que é o tempo atmosférico, coñecer os instrumentos de medida, o seu
uso, realizar medicións e interpretacións de gráficos a través dos datos
recollidos nunha estación meteorolóxica de cara a facer unha predición do tempo
atmosférico para un período de tempo determinado e a comunicación deste empregando
mapas do tempo.
-
Explicar a hidrosfera, identificar e nomear masas e cursos de auga,
diferenciando augas superficiais e augas subterráneas, cuncas e vertentes
hidrográficas e analizar as partes dun río do medio próximo.
-
Adquirir o concepto de litosfera, coñecer algúns tipos de rochas e a súa
composición identificando distintos minerais e algunha das súas propiedades e
usos. Facer especial fincapé nos que son propios de Galicia.
-
Describir as características do relevo de Galicia e a súa rede hidrográfica,
localizándoos nun mapa.
-
Explicar a importancia da intervención humana no medio e favorecer o
desenvolvemento sostible a través da realización dunha campaña de concienciación
no centro educativo.
BLOQUE 3. VIVIR EN
SOCIEDADE.
- Contidos
- A Constitución de 1978.
- Dereitos e deberes dos cidadáns e cidadás.
- Forma de goberno: a monarquía
parlamentaria.
- As principais institucións políticas e as
súas funcións. Elaboración de organigramas sinxelos.
- A organización social, política e
territorial: o Estado español e as Comunidades Autónomas.
- Estruturas de goberno básicas: o concello.
- Manifestacións culturais e lingüísticas de
España.
- Demografía e poboación.
- Conceptos demográficos: básicos e a súa
representación. Representacións gráficas dalgúns datos demográficos de Galicia
obtidos en fontes estatísticas: IGE.
- Educación viaria. Adquisición de
coñecementos que contribúan a consolidar condutas e hábitos viarios correctos.
- Concreción dos
estándares de aprendizaxe avaliables
- Identifica,
respecta e valora os principios democráticos máis importantes establecidos na
Constitución para o exercicio da cidadanía activa e convivencia pacífica.
- Identifica
as principais institucións de Galicia e do Estado español e describe as súas
funcións.
-
.Identifica a división de poderes do Estado e cales son as atribucións
recollidas na Constitución para cada un deles.
-
Explica a organización territorial de España, nomea as estruturas básicas de
goberno e localiza en mapas políticos as distintas comunidades autónomas que
forman España.
-
Recoñece, partindo da realidade do estado español, a diversidade cultural,
social, política e lingüística nun mesmo territorio como fonte de
enriquecemento cultural.
-
Define demografía e comprende os principais conceptos demográficos.
-
.Elabora gráficos sinxelos a partires de datos demográficos de obtidos en
diversas fontes de información.
-
Explica normas básicas de circulación e as consecuencias derivadas do
descoñecemento ou incumprimento destas.
-
Coñece o significado dalgunhas sinais de tráfico, recoñece a importancia de
respectalas e as utiliza tanto como peón ou peoa e como persoa usuaria de
medios de transporte (abrocharse o cinto, non molestar a persoa condutora...).
- Criterios de
avaliación e de cualificación e promoción.
- Analizar
a importancia que teñen os dereitos, deberes e liberdades recollidos na
Constitución para o exercicio dunha cidadanía activa e unha convivencia pacífica.
- .Identificar
as principais institucións políticas de Galicia e do Estado español que se
derivan da Constitución, así como as súas funcións.
-
Coñecer a organización territorial do Estado español e os seus órganos de
goberno básicos.
-
Valorar a diversidade cultural, social, política e lingüística do Estado
español respectando as diferenzas.
-
Comprender e interpreta os principais conceptos demográficos e calculalos a
partires dos datos de poboación.
-
Coñecer e respectar as normas de circulación e fomentar a seguridade viaria en
todos os seus aspectos.
BLOQUE 4. AS PEGADAS
DO TEMPO.
- Contidos
- O tempo histórico. A
Prehistoria e a Idade Antiga: duración e datación dos feitos históricos
significativos que as acoutan. Proxecto de traballo colaborativo sobre as
formas de vida que caracterizan a Prehistoria.
- As fontes históricas: a importancia das
fontes arqueolóxicas e materiais. A escritura.
- Técnicas para localizar no tempo e no
espazo feitos do pasado: os mapas históricos e as liñas do tempo.
- A península ibérica na Prehistoria.
- A península ibérica na Idade Antiga.
- A Prehistoria e Idade Antiga en Galicia. Os
principais xacementos arqueolóxicos de Galicia.
- Noso patrimonio histórico e cultural.
- Museos, sitios e monumentos históricos como
espazos de aprendizaxe e gozo. Planificación conxunta e visita a un museo
próximo.
- Concreción dos
estándares de aprendizaxe avaliables
- Define
o concepto de prehistoria e historia, asociándoa as distintas idades aos feitos
que marcan o seu inicio e final.
- Explica
e valora a importancia da escritura, a agricultura e a gandería, como
descubrimentos que cambiaron profundamente as sociedades humanas.
-
Recoñece a importancia dos restos arqueolóxicos e materiais que produce unha
sociedade como fontes para coñecer o noso pasado, con especial relevancia da
escritura.
-
Recoñece o século como unidade de medida do tempo histórico e localiza feitos
situándoos como sucesivos a.C o d.C.
-
Usa diferentes técnicas para localizar no tempo e no espazo feitos do pasado,
percibindo a duración, a simultaneidade e as relacións entre os acontecementos.
-
.Sitúa nunha liña do tempo os feitos fundamentais da prehistoria e historia de
España e describe as principais característica s de cada unha delas.
-
Explica aspectos relacionados coa forma de vida, organización social e cultura
das distintas épocas históricas estudadas.
-
Explica a diferenza dos dous períodos nos que se divide a Prehistoria e
describe as características básicas das formas de vida nestas dúas épocas.
-
Data a Idade Antiga e describe as características básicas da vida naquel tempo,
en especial as referidas á romanización.
-
.Identifica, valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e
artístico e asume as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.
-
Respecta e asume o comportamento que debe cumprirse cando visita un museo ou un
edificio antigo.
- Criterios de
avaliación e de cualificación e promoción.
- .Explicar
as características de cada tempo histórico estudado e certos acontecementos
desas épocas que determinaron cambios fundamentais no rumbo da historia.
- Coñecer
a importancia das fontes históricas para o estudo da historia.
-
Utiliza as nocións básicas de sucesión, duración e simultaneidade para ordenar
temporalmente algúns feitos históricos e outros feitos relevantes.
-
.Identificar e localizar no tempo os procesos e acontecementos históricos e
culturais máis relevantes da historia de España para adquirir unha perspectiva
global da súa evolución e coñecer os principais xacementos arqueolóxicos de
Galicia.
-
.Desenvolver a curiosidade por coñecer as formas da vida humana no pasado,
valorando a importancia que teñen os restos para o coñecemento e estudo da
historia e como patrimonio cultural que hai que coidar e legar.
-
Valorar a importancia dos museos, sitios e monumentos históricos como espazos
onde se ensina e aprende, amosando unha actitude de respecto á súa contorna e á
súa cultura, apreciando a herdanza cultural.
Mínimos esixibles:
v Realiza
as tarefas encomendadas e presenta os traballos de maneira ordenada, clara e
limpa.
v Participa
en actividades individuais e de grupo, valorando o esforzo propio e alleo, e o
coidado do material.
v Adoita
un comportamento responsable e solidario respectando diferentes ideas e achegas
nos debates, recoñecendo a cooperación e o diálogo como principios básicos do
funcionamento democrático.
v Analiza
informacións relacionadas coa área e manexa imaxes, táboas, gráficos, esquemas,
resumos e as tecnoloxías da información e a comunicación.
v Describe
unha estación meteorolóxica, explica a súa función e confecciona e interpreta
gráficos sinxelos de temperaturas e precipitacións.
v Localiza
nun mapa as principais unidades de relevo en Galicia.
v Explica
a importancia do coidado do medio, así como as consecuencias da acción humana
neste.
v Recoñece,
partindo da realidade do estado español, a diversidade cultural, social,
política e lingüística nun mesmo territorio como fonte de enriquecemento
cultural.
v Coñece
o significado dalgunhas sinais de tráfico e recoñece a importancia de
respectalas (abrocharse o cinto, non
molestar a persoa condutora...).
v Sitúa
nunha liña do tempo os feitos fundamentais da prehistoria e historia de España.
v Identifica,
valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico e asume
as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.
v Respecta
e asume o comportamento que debe cumprirse cando visita un museo ou un edificio
antigo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
FOTOS FIN DE CURSO
Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!! trim1-1 --> https:// we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https...
-
Observamos o cambio de estado da auga de líquido a sólido e aproveitamos para facer unha actividade creativa tinguíndoa con colorante alime...
-
O ciclo da vida, a metamorfose, o coidado e a alimentación dos seres vivos... Cantas cousas aprendemos con esta experiencia, e que fermosa ...
-
Aquí deixo a ligazón para repasar con Migallas o nome dos ósos. https://www.youtube.com/watch?v=p99I3wlyujE Aprendemos coa música!! P...