Archivo del blog

jueves, 21 de noviembre de 2019

CIENCIAS SOCIAIS.



- Obxectivos

1.  Coñecer o relevo de España, e localizar no mapa elementos principais.
  2.  Recoñecer a influencia do ser humano, discriminar as características dun espazo protexido e inferir a necesidade da súa conservación.
  3.  Utilizar diferentes fontes de información para a análise de feitos ou fenómenos e expresar e aprender os contidos das Ciencias Sociais.
  4.  Desenvolver valores como a responsabilidade, a capacidade de esforzo e a constancia no traballo.
  5.  Utilizar e ver o traballo en grupo como fonte de crecemento persoal e social fomentando valores de tolerancia e respecto de ideas e opinións, e resolvendo conflitos por si sos.
  6.  Ter capacidade de creatividade para afrontar os problemas da vida propoñendo solucións emprendedoras.
  7.   Discernir a importancia de medios de comunicación, publicidade, comunicacións e transportes e o seu impacto na vida das persoas.
  8. Reflexionar sobre a nosa democracia a través do coñecemento da Constitución de 1978.
9.  Interiorizar os dereitos humanos e os valores distintivos da sociedade valorando e respectando a súa aplicación.
10.  Comprender a situación de España na Unión Europea..
15.  Afondar no coñecemento da Prehistoria e da Idade Antiga.

BLOQUE 1. CONTIDOS COMÚNS

- Contidos

- Iniciación ao coñecemento científico, toma de conciencia das súas fases e a súa aplicación nas Ciencias sociais. Proposta de traballo que xurda dun problema, acontecemento ou inquedanza e que supoña un proceso de investigación e acción que garanta participación activa do alumnado e facilite o proceso de autorregulación de aprendizaxes.
- Busca e selección de información empregando as TIC e outras fontes (directas e indirectas), organización, análise, documentación do proceso (mediante uso do cartafoles) e comunicación das conclusións.
- Planificación e xestión de proxectos co fin de acadar obxectivos. Iniciativa emprendedora.
- .Emprego de técnicas de estudo individual e de estratexias de traballo cooperativo. Valoración do esforzo e coidado do material.
- Participación activa e construtiva na vida social, uso das normas de convivencia.
- A cooperación e o diálogo como valores democráticos e recursos básicos na resolución pacífica de conflitos.
- Utilización da terminoloxía propia da área.-Elaboración dun glosario da área.
- Fomento de Técnicas de animación á lectura de textos de divulgación das Ciencias sociais (de carácter social, xeográfico e histórico). -A prensa escrita e dixital como fontes de información.
- Utilización e lectura de diferentes linguaxes textuais e gráficos.
      

- Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables

       - Busca información (empregando as TIC e outras fontes directas e indirectas), selecciona a información relevante, a organiza, analiza, obtén conclusións sinxelas e as comunica oralmente e/ou por escrito.
       - Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas, ten iniciativa na toma de decisións e asume responsabilidades.
       - Realiza as tarefas encomendadas e presenta os traballos de maneira ordenada, clara e limpa.
       - Participa en actividades individuais e de grupo, e emprega estratexias de traballo cooperativo valorando o esforzo e o coidado do material.
       - Adoita un comportamento responsable, construtivo e solidario respectando diferentes ideas e achegas nos debates, recoñecendo a cooperación e o diálogo como principios básicos do funcionamento democrático.
       - Emprega de maneira axeitada o vocabulario adquirido para ser capaz de ler, escribir e falar sobre Ciencias sociais.
       - Expón oralmente de forma clara e ordenada, contidos relacionados coa área, que manifestan a comprensión de textos orais e /ou escritos de carácter xeográfico, social e histórico.
       - Analiza informacións relacionadas coa área e manexa imaxes, táboas, gráficos, esquemas, resumos e as tecnoloxías da información e a comunicación.

- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.

- Realizar un traballo de investigación que supoña a busca, selección e organización de información sobre fenómenos previamente delimitados, a realización dun produto, a documentación do proceso e a comunicación do resultados.
- Empregar estratexias de traballo cooperativo, adoitar un comportamento de respecto e tolerancia ante as diferentes ideas e achegas alleas nos diálogos e debates, valorando o esforzo e amosando actitudes de cooperación, participación e respecto cara aos demais.
- Coñecer e utilizar as palabras claves e conceptos necesarios para ser capaz de ler, escribir e falar sobre Ciencias sociais, así como comprender diferentes linguaxes recollidos en textos de carácter social, xeográfico ou histórico.

BLOQUE 2. O MUNDO QUE NOS RODEA.         
- Contidos
- A litosfera: placas tectónicas. Os volcáns, os terremotos e as súas consecuencias.
- Formas de representación da Terra: planos, mapas, planisferios e globos terráqueos.
- Identificación dos polos, o eixe e os hemisferios.
- Os paralelos e meridianos. As coordenadas xeográficas: latitude e lonxitude.
- Planos, mapas e planisferios. Mapas físicos e políticos.
- Escalas e signos convencionais dun mapa.
- Orientación no espazo: Elaboración dun itinerario coa axuda de ferramentas dixitais.
- O tempo atmosférico.
- Medición e predición meteorolóxica. Instrumentos de medida. Elaboración e comunicación dun parte meteorolóxico empregando as TIC (programa de radio, boletín meteorolóxico etc.).
- Gráficos sinxelos de temperaturas e precipitacións: os climogramas.
- Os mapas do tempo. Símbolos convencionais.
- A hidrosfera. Distribución das augas no planeta. Masas e cursos de auga.
- Vertentes hidrográficas.
- Os tramos dun río.
- A litosfera: características e tipos de rochas.
- Rochas e minerais: propiedades, usos e utilidades.
- A diversidade xeográfica das paisaxes de Galicia: relevo e hidrografía. Utilización de sistemas de información xeográfica.
- A intervención humana no medio.
- A contaminación e o cambio climático.
- Desenvolvemento sostible e consumo responsable. Elaboración dunha campaña de concienciación no centro educativo.
      
       - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
       - Coñece e define a formación da litosfera e a dinámica de placas tectónicas e as súas consecuencias.
       - Explica e compara as distintas formas de representación da Terra, planos, mapas, planisferios e globos terráqueos identificando polos, eixe e hemisferios.
       - Localiza diferentes puntos da Terra empregando os paralelos e meridianos e as coordenadas xeográficas.
       - Identifica e clasifica distintos tipos de mapas, define que é a escala nun mapa, o seu uso e emprega e interpreta os signos convencionais básicos que poden aparecer nel.
       - Define tempo atmosférico, identifica os distintos instrumentos de medida que se utilizan para a recollida de datos atmosféricos clasificándoos segundo a función e información que proporcionan e fai medicións, interpretacións de datos e predicións do tempo atmosférico.
            - Describe unha estación meteorolóxica, explica a súa función e confecciona e interpreta gráficos sinxelos de temperaturas e precipitacións.
  - Interpreta e elabora sinxelos mapas meteorolóxicos distinguindo os seus elementos principais.
  - Define hidrosfera, e identifica e nomea as grandes masas e cursos de auga, explicando como se forman as augas subterráneas, como afloran e como se accede a elas.
  - Diferencia cuncas e vertentes hidrográficas.
  - .Identifica e nomea os tramos dun río e as características de cada un deles.
  - .Observa, identifica e explica a composición das rochas nomeando algúns dos seus tipos.
  - Identifica e explica as diferenzas entre rochas e minerais, describe os seus usos e utilidades clasificando algúns minerais segundo as súas propiedades.
  - .Localiza nun mapa as principais unidades de relevo en Galicia e as súas vertentes hidrográficas.
  - Sitúa nun mapa os mares, océanos e os grandes ríos de Galicia.
  - Explica a importancia do coidado do medio, así como as consecuencias da acción humana neste.
  - Propón algunhas medidas para o desenvolvemento sostible e o consumo responsable.
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- .Coñecer a formación da litosfera e a dinámica de placas tectónicas e analizaras súas influencias e consecuencias no medio que o rodea.
- Explicar e comparar as distintas formas de representar a superficie terrestre identificando os polos, o eixe e os hemisferios e analizar cal delas reflicte mellor a realidade á que representa.
- Identificar e manexar os conceptos de paralelos, meridianos e coordenadas xeográficas para localizar determinados puntos da Terra.
- Diferenciar correctamente entre planos, mapas, planisferios, mapas físicos e políticos, analizar e describir as características máis relevantes de cada un e interpretar a súa escala e signos convencionais básicos de cara a orientarse nun espazo determinado e á elaboración dun itinerario empregando as TIC.
- Explicar que é o tempo atmosférico, coñecer os instrumentos de medida, o seu uso, realizar medicións e interpretacións de gráficos a través dos datos recollidos nunha estación meteorolóxica de cara a facer unha predición do tempo atmosférico para un período de tempo determinado e a comunicación deste empregando mapas do tempo.
- Explicar a hidrosfera, identificar e nomear masas e cursos de auga, diferenciando augas superficiais e augas subterráneas, cuncas e vertentes hidrográficas e analizar as partes dun río do medio próximo.
- Adquirir o concepto de litosfera, coñecer algúns tipos de rochas e a súa composición identificando distintos minerais e algunha das súas propiedades e usos. Facer especial fincapé nos que son propios de Galicia.
- Describir as características do relevo de Galicia e a súa rede hidrográfica, localizándoos nun mapa.
- Explicar a importancia da intervención humana no medio e favorecer o desenvolvemento sostible a través da realización dunha campaña de concienciación no centro educativo.

BLOQUE 3. VIVIR EN SOCIEDADE.     
- Contidos
- A Constitución de 1978.
- Dereitos e deberes dos cidadáns e cidadás.
- Forma de goberno: a monarquía parlamentaria.
- As principais institucións políticas e as súas funcións. Elaboración de organigramas sinxelos.
- A organización social, política e territorial: o Estado español e as Comunidades Autónomas.
- Estruturas de goberno básicas: o concello.
- Manifestacións culturais e lingüísticas de España.
- Demografía e poboación.
- Conceptos demográficos: básicos e a súa representación. Representacións gráficas dalgúns datos demográficos de Galicia obtidos en fontes estatísticas: IGE.
- Educación viaria. Adquisición de coñecementos que contribúan a consolidar condutas e hábitos viarios correctos.
 
  - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
  - Identifica, respecta e valora os principios democráticos máis importantes establecidos na Constitución para o exercicio da cidadanía activa e convivencia pacífica.
  - Identifica as principais institucións de Galicia e do Estado español e describe as súas funcións.
  - .Identifica a división de poderes do Estado e cales son as atribucións recollidas na Constitución para cada un deles.
  - Explica a organización territorial de España, nomea as estruturas básicas de goberno e localiza en mapas políticos as distintas comunidades autónomas que forman España.
  - Recoñece, partindo da realidade do estado español, a diversidade cultural, social, política e lingüística nun mesmo territorio como fonte de enriquecemento cultural.
  - Define demografía e comprende os principais conceptos demográficos.
  - .Elabora gráficos sinxelos a partires de datos demográficos de obtidos en diversas fontes de información.
  - Explica normas básicas de circulación e as consecuencias derivadas do descoñecemento ou incumprimento destas.
  - Coñece o significado dalgunhas sinais de tráfico, recoñece a importancia de respectalas e as utiliza tanto como peón ou peoa e como persoa usuaria de medios de transporte (abrocharse o cinto, non molestar a persoa condutora...).

- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Analizar a importancia que teñen os dereitos, deberes e liberdades recollidos na Constitución para o exercicio dunha cidadanía activa e unha convivencia pacífica.
- .Identificar as principais institucións políticas de Galicia e do Estado español que se derivan da Constitución, así como as súas funcións.
- Coñecer a organización territorial do Estado español e os seus órganos de goberno básicos.
- Valorar a diversidade cultural, social, política e lingüística do Estado español respectando as diferenzas.
- Comprender e interpreta os principais conceptos demográficos e calculalos a partires dos datos de poboación.
- Coñecer e respectar as normas de circulación e fomentar a seguridade viaria en todos os seus aspectos.


BLOQUE 4. AS PEGADAS DO TEMPO.        
- Contidos                              
- O tempo histórico. A Prehistoria e a Idade Antiga: duración e datación dos feitos históricos significativos que as acoutan. Proxecto de traballo colaborativo sobre as formas de vida que caracterizan a Prehistoria.
- As fontes históricas: a importancia das fontes arqueolóxicas e materiais. A escritura.
- Técnicas para localizar no tempo e no espazo feitos do pasado: os mapas históricos e as liñas do tempo.
- A península ibérica na Prehistoria.
- A península ibérica na Idade Antiga.
- A Prehistoria e Idade Antiga en Galicia. Os principais xacementos arqueolóxicos de Galicia.
- Noso patrimonio histórico e cultural.
- Museos, sitios e monumentos históricos como espazos de aprendizaxe e gozo. Planificación conxunta e visita a un museo próximo.
       - Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
       - Define o concepto de prehistoria e historia, asociándoa as distintas idades aos feitos que marcan o seu inicio e final.
       - Explica e valora a importancia da escritura, a agricultura e a gandería, como descubrimentos que cambiaron profundamente as sociedades humanas.
       - Recoñece a importancia dos restos arqueolóxicos e materiais que produce unha sociedade como fontes para coñecer o noso pasado, con especial relevancia da escritura.
       - Recoñece o século como unidade de medida do tempo histórico e localiza feitos situándoos como sucesivos a.C o d.C.
       - Usa diferentes técnicas para localizar no tempo e no espazo feitos do pasado, percibindo a duración, a simultaneidade e as relacións entre os acontecementos.
       - .Sitúa nunha liña do tempo os feitos fundamentais da prehistoria e historia de España e describe as principais característica s de cada unha delas.
       - Explica aspectos relacionados coa forma de vida, organización social e cultura das distintas épocas históricas estudadas.
       - Explica a diferenza dos dous períodos nos que se divide a Prehistoria e describe as características básicas das formas de vida nestas dúas épocas.
       - Data a Idade Antiga e describe as características básicas da vida naquel tempo, en especial as referidas á romanización.
       - .Identifica, valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico e asume as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.
       - Respecta e asume o comportamento que debe cumprirse cando visita un museo ou un edificio antigo.
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- .Explicar as características de cada tempo histórico estudado e certos acontecementos desas épocas que determinaron cambios fundamentais no rumbo da historia.
- Coñecer a importancia das fontes históricas para o estudo da historia.
- Utiliza as nocións básicas de sucesión, duración e simultaneidade para ordenar temporalmente algúns feitos históricos e outros feitos relevantes.
- .Identificar e localizar no tempo os procesos e acontecementos históricos e culturais máis relevantes da historia de España para adquirir unha perspectiva global da súa evolución e coñecer os principais xacementos arqueolóxicos de Galicia.
- .Desenvolver a curiosidade por coñecer as formas da vida humana no pasado, valorando a importancia que teñen os restos para o coñecemento e estudo da historia e como patrimonio cultural que hai que coidar e legar.
- Valorar a importancia dos museos, sitios e monumentos históricos como espazos onde se ensina e aprende, amosando unha actitude de respecto á súa contorna e á súa cultura, apreciando a herdanza cultural.

Mínimos esixibles:

v Realiza as tarefas encomendadas e presenta os traballos de maneira ordenada, clara e limpa.
v Participa en actividades individuais e de grupo, valorando o esforzo propio e alleo, e o coidado do material.
v Adoita un comportamento responsable e solidario respectando diferentes ideas e achegas nos debates, recoñecendo a cooperación e o diálogo como principios básicos do funcionamento democrático.
v Analiza informacións relacionadas coa área e manexa imaxes, táboas, gráficos, esquemas, resumos e as tecnoloxías da información e a comunicación.
v Describe unha estación meteorolóxica, explica a súa función e confecciona e interpreta gráficos sinxelos de temperaturas e precipitacións.
v Localiza nun mapa as principais unidades de relevo en Galicia.
v Explica a importancia do coidado do medio, así como as consecuencias da acción humana neste.
v Recoñece, partindo da realidade do estado español, a diversidade cultural, social, política e lingüística nun mesmo territorio como fonte de enriquecemento cultural.
v Coñece o significado dalgunhas sinais de tráfico e recoñece a importancia de respectalas  (abrocharse o cinto, non molestar a persoa condutora...).
v Sitúa nunha liña do tempo os feitos fundamentais da prehistoria e historia de España.
v Identifica, valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico e asume as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.
v Respecta e asume o comportamento que debe cumprirse cando visita un museo ou un edificio antigo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

FOTOS FIN DE CURSO

 Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!! trim1-1 --> https:// we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https...