Archivo del blog

jueves, 21 de noviembre de 2019

ÁREA DE MATEMÁTICAS



 -Obxectivos


1.  Comprender o enunciado dos problemas identificando os datos necesarios para a resolución.
 2. Usar diversas estratexias de resolución de problemas aplicando as operacións coñecidas e comprobando as solucións.
 3. Reflexionar sobre os problemas propostos expondo variacións, dúbidas e aplicacións.
 4.  Aplicar coñecementos e habilidades matemáticas noutros contextos e na vida cotiá.
 5.  Desenvolver estratexias e habilidades de traballo individual e en equipo.
6.  Identificar e escribir os números naturais de 0 a 9.999.999.
7.  Coñecer e aplicar algoritmos para a realización de operacións con números de 0 a 9.999.999 en sumas e restas.
8.  Entender o concepto de medida e aplicalo nun contexto real.
9.  Comprender conceptos sinxelos sobre lonxitude, peso e capacidade.
10.  Utilizar moedas e billetes para o pago de cantidades pequenas.
11.  Utilizar medidas de tempo de uso cotián con corrección.
12.  Recoñecer figuras xeométricas básicas en contextos reais.

BLOQUE 1. PROCESOS, MÉTODOS E ACTITUDES EN MATEMÁTICAS

- Contidos

                        B1.1. Planificación do proceso de resolución de problemas: análise e comprensión do enunciado. Estratexias e procedementos postos en práctica: facer un debuxo, unha táboa, un esquema da situación, ensaio e erro razoado, operacións matemáticas axeitadas etc. Resultados obtidos.
                        B1.2. Proposta de pequenas investigacións en contextos numéricos, xeométricos e funcionais.
                        B1.3. Acercamento ao método de traballo científico mediante a súa práctica en situacións sinxelas.
                        B1.4. Confianza nas propias capacidades para afrontar as dificultades propias do traballo científico.
                        B1.5. Utilización de medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe para obter información, realizar cálculos numéricos e resolver problemas.

- Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables.

- Comunica verbalmente de forma razoada o proceso seguido na resolución dun problema de matemáticas ou en contextos da realidade.
- Utiliza estratexias heurísticas e procesos de razoamento na resolución de problemas.
- Realiza estimacións e elabora conxecturas sobre os resultados dos problemas a resolver, contrastando a súa validez e valorando a súa utilidade e eficacia.
-Identifica e interpreta datos e mensaxes de textos numéricos sinxelos da vida cotiá (facturas, folletos publicitarios, rebaixas...).
- Formula novos problemas, a partir dun resolto: variando os datos, propoñendo novas preguntas, conectando coa realidade, buscando outros contextos etc.
- Practica o método científico sendo ordenado, organizado e sistemático.
- Desenvolve e amosa actitudes axeitadas para o traballo en matemáticas: esforzo, perseveranza, flexibilidade e aceptación da crítica razoada.
- Utiliza ferramentas tecnolóxicas para a realización de cálculos numéricos, para aprender e resolver problemas.


- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.


- Expresar verbalmente de forma razoada o proceso seguido na resolución dun problema.
- Utilizar procesos de razoamento e estratexias de resolución de problemas, realizando os cálculos necesarios e comprobando as solucións obtidas.
- Profundar en problemas resoltos propoñendo pequenas variacións nos datos, outras preguntas etc.
- Identificar e resolver problemas da vida cotiá, axeitados ao seu nivel, establecendo conexións entre a realidade e as matemáticas e valorando a utilidade dos coñecementos matemáticos axeitados para a resolución de problemas.
- Desenvolver e cultivar as actitudes persoais inherentes ao traballo matemático.

BLOQUE 2. NÚMEROS
- Contidos
B2.1. Números naturais, decimais e fraccións.
B2.2. A numeración romana.
B2.3. Orde numérica. Utilización dos números ordinais. Comparación de números.
B2.4. Nome e grafía dos números de máis de seis cifras.
B2.5. Equivalencias entre os elementos do sistema de numeración decimal: unidades, decenas, centenas etc.
B2.6. O número decimal: décimas e centésimas.
B2.8. Fraccións. Representación gráfica.
B2.10. Descomposición e redondeo de números naturais e decimais.
B2.11. Operacións con números naturais: suma, resta, multiplicación e división.
B2.12. Identificación e uso dos termos propios da división.
B2.13. Propiedades das operacións e relacións entre elas utilizando números naturais.
B2.14. Concepto de fracción como relación entre as partes o todo.
B2.15. Operacións con fraccións.
B2.16. Operacións con números decimais.
B2. 17. Utilización dos algoritmos estándar de suma, resta, multiplicación e división.
B2.18. Estimación de resultados.
B2.20. Construción de series ascendentes e descendentes.
B2.21. Elaboración e uso de estratexias de cálculo mental.
B2.22. Utilización da calculadora.
B2.23. Comprobación de resultados mediante estratexias aritméticas.
B2.24. Resolución de problemas da vida cotiá.

- Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
-Identifica os números romanos aplicando o coñecemento á comprensión de datacións.
-Le, escribe e ordena en textos numéricos e da vida cotiá, números (naturais, fraccións e decimais ata as centésimas), utilizando razoamentos apropiados e interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras.
- Descompón, compón e redondea números naturais e decimais, interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras.
-Aplica as propiedades das operacións e as relacións entre elas.
-Realiza sumas e restas de fraccións co mesmo denominador na resolución de problemas contextualizados.
-Realiza operacións con números decimais na resolución de problemas contextualizados.
-Emprega e automatiza algoritmos estándar de suma, resta, multiplicación e división (de ata dúas cifras) con distintos tipos de números, en comprobación de resultados en contextos de resolución de problemas e en situacións cotiás.
-Constrúe series numéricas, ascendentes e descendentes, de cadencias 2, 10, 100 a partir calquera número e de cadencias 5, 25 e 50 a partir de múltiplos de 5, 25 e 50.
-Elabora e emprega estratexias de cálculo mental..
-Estima e redondea o resultado dun cálculo valorando a resposta.
-Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas revisando as operacións empregadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto e buscando outras formas de resolvelo.
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Ler, escribir e ordenar utilizando razoamentos apropiados, distintos tipos de números (romanos, naturais, fraccións e decimais ata as centésimas).
- Operar cos números tendo en conta a xerarquía nas operacións, aplicando as súas propiedades, as estratexias persoais e os diferentes procedementos que se utilizan segundo a natureza do cálculo que se realizará (algoritmos escritos, cálculo mental, tenteo, estimación, calculadora), usando o máis adecuado.
- Coñecer, utilizar e automatizar algoritmos estándar de suma, resta, multiplicación e división con distintos tipos de números, en comprobación de resultados en contextos de resolución de problemas e en situacións da vida cotiá.

BLOQUE 3. MEDIDA
- Contidos
B3.1. Elección da unidade máis axeitada para a expresión dunha medida.
B3.2. Realización de medicións.
B3.3. Estimación de lonxitudes, capacidades e masas de obxectos e espazos coñecidos; elección da unidade e dos instrumentos máis axeitados para medir e expresar unha medida.
B3.4. Comparación e ordenación de medidas dunha mesma magnitude.
B3.5. Desenvolvemento de estratexias para medir figuras de maneira exacta e aproximada.
B3.6. Sumar e restar medidas de lonxitude, capacidade e masa.
B3.7. Unidades de medida do tempo e as súas relación.
B3.8. Equivalencias e transformacións entre horas, minutos e segundos.
B3.9. Lectura en reloxos analóxicos e dixitais.
B3.10. Cálculos con medidas temporais.
B3.11. O sistema monetario da Unión Europea. Unidade principal: o euro. Valor das diferentes moedas e billetes.
B3.12. Equivalencias entre moedas e billetes.
- Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
- Estima lonxitudes, capacidades e masas de obxectos e espazos coñecidos elixindo a unidade e os instrumentos máis axeitados para medir e expresar unha medida, explicando de forma oral o proceso seguido e a estratexia utilizada.
- Mide con instrumentos, utilizando estratexias e unidades convencionais e non convencionais, elixindo a unidade máis axeitada para a expresión dunha medida.
-Suma e resta medidas de lonxitude, capacidade e masa en forma simple dando o resultado na unidade determinada de antemán.
- Expresa en forma simple a medición da lonxitude, capacidade ou masa dada en forma complexa e viceversa.
- Resolve problemas da vida diaria utilizando as medidas temporais e as súas relacións.
- Coñece a función, o valor e as equivalencias entre as diferentes moedas e billetes do sistema monetario da Unión Europea utilizándoas tanto para resolver problemas en situación reais coma figuradas.
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Escoller os instrumentos de medida máis pertinentes en cada caso, estimando a medida de magnitudes de lonxitude, capacidade, masa e tempo.
- Operar con diferentes medidas.
- Coñecer as unidades de medida do tempo e as súas relación, utilizándoas para resolver problemas da vida diaria.
- Coñecer o valor e as equivalencias entre as diferentes moedas e billetes do sistema monetario da Unión Europea.

BLOQUE 4. XEOMETRÍA
- Contidos
B4.1. Formas planas e espaciais: figuras planas: elementos, relación e clasificación.
B4.2. Clasificación de triángulos atendendo os seus lados e os seus ángulos.
B4.3. Clasificación de cuadriláteros atendendo o paralelismo dos seus lados. Clasificación dos paralelepípedos.
B4.4. A circunferencia e o círculo. Elementos básicos: centro, raio e diámetro.
B4.5. Identificación e denominación de polígonos atendendo o número de lados.
B4.6. Corpos xeométricos: elementos, relación e clasificación.
B4.7. Poliedros. Elementos básicos: vértices, caras e arestas. Tipos de poliedros.
B4.8. Corpos redondos: cono, cilindro e esfera.
B4.9. Regularidades e simetrías: recoñecemento de regularidades.
B4.10. Interpretación de representacións espaciais en situacións da vida cotiá.
B4.11. Resolución de problemas de xeometría relacionados coa vida cotiá.
- Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
- Clasifica triángulos atendendo aos seus lados e aos seus ángulos, identificando as relacións entre os seus lados e entre ángulos.
- Utiliza instrumentos de debuxo e ferramentas tecnolóxicas para a construción e exploración de formas xeométricas.
- Clasifica cuadriláteros atendendo ao paralelismo dos seus lados.
- Identifica e diferencia os elementos básicos da circunferencia e círculo: centro, raio e diámetro.
- Identifica e nomea polígonos atendendo o número de lados.
- Recoñece e identifica poliedros, prismas, pirámides e os seus elementos básicos: vértices, caras e arestas.
- Recoñece e identifica corpos redondos: cono, cilindro e esfera e os seus elementos básicos.
- Representa espazos mediante un plano ou esbozo.
- Resolve problemas xeométricos que impliquen dominio dos contidos traballados, utilizando estratexias heurísticas de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios), creando conxecturas, construíndo, argumentando e tomando decisión.
- Reflexiona sobre o proceso de resolución de problemas: revisando as operacións utilizadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto, propoñendo outras formas de resolvelo.
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Coñecer as figuras planas; cadrado, rectángulo, romboide, triángulo, trapecio e rombo.
- Utilizar as propiedades das figuras planas para resolver problemas.
- Coñecer as características e aplicalas para clasificar: poliedros, prismas, pirámides, corpos redondos: cono, cilindro e esfera e os seus elementos básicos.
- Interpretar representacións espaciais realizadas a partir de sistemas de referencia e de obxectos ou situacións familiares.
- Identificar, resolver problemas da vida cotiá axeitados ao seu nivel, establecendo conexións entre a realidade e as matemáticas e valorando a utilidade dos coñecementos matemáticos axeitados e reflexionando sobre o proceso aplicado para a resolución de problemas.

BLOQUE 5. ESTATÍSTICA E PROBABILIDADE
- Contidos
B5.1. Recollida e clasificación de datos cualitativos e cuantitativos.
B5.2. Análise crítica das informacións que se presentan mediante gráficas estatísticas.
- Concreción dos estándares de aprendizaxe avaliables
-Identifica datos cualitativos e cuantitativos en situacións familiares.
-Realiza análise crítica e argumentada sobre as informacións que se presentan mediante gráficas estatísticas.
- Criterios de avaliación e de cualificación e promoción.
- Recoller e rexistrar unha información cuantificable, utilizando algúns recursos sinxelos de representación gráfica: táboas de datos, bloques de barras, diagramas lineais... comunicando a información.
- Facer estimacións baseadas na experiencia sobre o resultado (posible, imposible, seguro, máis ou menos probable) de situacións sinxelas nas que interveña o azar e comprobar o dito resultado.

Mínimos esixibles:


v  Fai operacións con números naturais: suma, resta, multiplicación e división.
v  Utiliza procesos de razoamento e estratexias de resolución de problemas, realizando os cálculos necesarios e comprobando as solucións obtidas.
v  Desenvolve e amosa actitudes axeitadas para o traballo en matemáticas: esforzo, perseveranza, flexibilidade e aceptación da crítica razoada.
v  Le, escribe e ordena utilizando razoamentos apropiados, distintos tipos de números (romanos, naturais, fraccións e decimais).
v  Constrúe series numéricas, ascendentes e descendentes, de cadencias 2, 10, 100 a partir calquera número e de cadencias 5, 25 e 50 a partir de múltiplos de 5, 25 e 50.
v  Opera cos números tendo en conta a xerarquía nas operacións, aplicando as súas propiedades.
v  Coñece as unidades de medida do tempo e as súas relación, utilizándoas para resolver problemas da vida diaria.
v  Coñece o valor e as equivalencias entre as diferentes moedas e billetes do sistema monetario da Unión Europea.
v  Coñece as figuras planas; cadrado, rectángulo, romboide, triángulo, trapecio e rombo.
v  Coñece as características para clasificar: poliedros, prismas, pirámides, corpos redondos: cono, cilindro e esfera e os seus elementos básicos.
v  Identifica e resolve problemas da vida cotiá axeitados ao seu nivel, establecendo conexións entre a realidade e as matemáticas e valorando a utilidade dos coñecementos matemáticos.
v  Recolle e rexistra unha información cuantificable, utilizando algúns recursos sinxelos de representación gráfica: táboas de datos, bloques de barras, diagramas lineais... comunicando a información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FOTOS FIN DE CURSO

 Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!! trim1-1 --> https:// we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https...