Archivo del blog

lunes, 20 de diciembre de 2021

miércoles, 27 de octubre de 2021

miércoles, 13 de octubre de 2021

PRIMEIRO MES EN PRIMEIRO

 Levamos un mes de clase, coñecéndonos, aprendendo a respectar novas normas, a asumir novos retos, a familiarizarnos con un novo traballo.... Pouco a pouco imos avanzando neste novo curso, aprendendo a ter calma, e aprendendo a escoitar, a escoitarnos. Aquí vos deixo unhas pinceladas do que non se ve, pero deixa pegada...



lunes, 4 de octubre de 2021

TRABALLO COOPERATIVO

 Hoxe fixemos unha actividade realmente difícil e rematou con enfados, tristezas e algún que outro choro, pero precisamente por todas esas dificultades é moi necesaria. 

Hoxe tiveron que debuxar UNHA "Bolboreta Silandeira" por mesa, de maneira que todos os nenos e nenas da mesa participaran co acordo do grupo. O feito de que a miña idea non se leve a cabo ou que se faga unha idea que a min non me convencía foi difícil de asimilar polos nenos e nenas, pero fixemos un gran traballo de colaboración, empatía, solidariedade, respecto, frustración,... Emocións que debemos experimentar, aprendendo a valorar aos demais e a traballar en EQUIPO.

Só un equipo de catro foi capaz de facer o debuxo sen conflitos, pero acabaremos conseguíndoo todos e todas!!

E como non... acabamos coñecendo á "BOLBORETA SILANDEIRA"




SUMANDO TALENTOS

 Como xa vos contarían os nenos e nenas somos unha máis!! O venres incorporouse ao grupo Emily e recibímola cos brazos abertos. BENVIDA EMILY!!

jueves, 23 de septiembre de 2021

 CONTEO

Hoxe saímos ao exterior a traballar as matemáticas xogando ás agachadas. Contamos ata 100 e pasámolo pipa!






FOTOS FIN DE CURSO

 Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!! trim1-1 --> https:// we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https...