Archivo del blog

jueves, 21 de noviembre de 2019

OBXECTIVOS DO CURSO




           

Estes son os obxectivos presentes na programación, seguindo o Decreto 105/2014 do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.


En 4º de Educación Primaria tentaranse acadar os seguintes obxectivos:

a)  Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
b)  Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.
c)  Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan.
d)  Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade.
e)  Coñecer e comezar a utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.
g)  Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo, e coñecementos xeométricos, así como ser quen de aplicalos ás situacións da súa vida cotiá.
h)  Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais, a xeografía, e a cultura, con especial atención a aqueles relacionados e vinculados con Galicia.
i )  Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación.
l )  Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais.
m) Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o dos outros, respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.
n)  Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano.
ñ)  Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas.
o)  Fomentar a educación viaria e actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.
p)  Coñecer, apreciar e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais de Galicia, poñendo de relevancia as mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e sociedade galegas.

viernes, 15 de noviembre de 2019

O SISTEMA ESQUELÉTICO


Aquí deixo a ligazón para repasar con Migallas o nome dos ósos.

https://www.youtube.com/watch?v=p99I3wlyujE

Aprendemos coa música!!

Por certo!! Tiñamos un enigma co número de vértebras... Aquí temos a solución!

vertebras

https://www.areaciencias.com/biologia/vertebras.html

Parece que o libro non contaba as vértebras fusionadas do sacro e o coxis...

A XEOSFERA
















FIXEN A CODIA, O MANTO E O NÚCLEO CON PLASTILINA.
MARÍA

jueves, 14 de noviembre de 2019


LA INFORMACIÓN EN INTERNET

Aquí estoy buscando información
interesante de la carrera espacial
que se hizo en la Guerra Fría.

IKER.

                         O SISTEMA SOLAR

En socias estamos facendo os planetas do sistema solar.


Os facemos con pasta de modelar, pintura e pinchos morunos.

PASÁMOLO XENIAL!

Aarón e Marta.


miércoles, 13 de noviembre de 2019

EN  SOCIAIS  FIXEN UN  TAÍNO  COA PINTURA  FLUORESCENTE. O NOME DESTA ESTRELA É DO POBO INDÍXENA QUE HABITA A ILLA CARIBEÑA DE  PUERTO RICO ANTES DA CHEGADA DOS ESPAÑOIS.
ÁNGELA  E LAURA

FOTOS FIN DE CURSO

 Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!! trim1-1 --> https:// we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https...