Archivo del blog

jueves, 7 de julio de 2022

FOTOS FIN DE CURSO

 Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!!


trim1-1 --> https://we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https://we.tl/t-sXOvjLcYYp trim1-3 --> https://we.tl/t-kuTQlDI7RR trim2-1 --> https://we.tl/t-8nsjfuDq8g trim2-2 --> https://we.tl/t-szwVP7489Y trim2-3 --> https://we.tl/t-lcNAcQvzjq trim2-4 --> https://we.tl/t-boIDkj15Rr trim3-1 --> https://we.tl/t-O6MWW5tBlT trim3-2 --> https://we.tl/t-kCImJf9R4F trim3-3 --> https://we.tl/t-8AOh2ltGWK trim3-4 --> https://we.tl/t-yxHf0kj77b

martes, 14 de junio de 2022

VERMES DE SEDA

 O ciclo da vida, a metamorfose, o coidado e a alimentación dos seres vivos... Cantas cousas aprendemos con esta experiencia, e que fermosa foi... PDI "Contextos de aprendizaxe REAIS"



sábado, 7 de mayo de 2022

DITADO EXPLOSIVO

 Este trimestre estamos facendo ditados explosivos... Unha maneira de que sexa máis divertido escribir!



TEMPOS DE XOGO

 Case todos os días os nenos e nenas teñen un "tempo libre" dentro da aula, no que poden facer o que máis lle apetece e desenvolver o seu potencial.






viernes, 8 de abril de 2022

miércoles, 6 de abril de 2022

martes, 5 de abril de 2022

EXPERIMENTAMOS CON XEO

 Observamos o cambio de estado da auga de líquido a sólido e aproveitamos para facer unha actividade creativa tinguíndoa con colorante alimentario...

















domingo, 3 de abril de 2022

EXPERIENCIAS

 


Ao longo do trimestre foron varios nenos e nenas os que se animaron a traer algún experimento a clase, nos fixeron algunha exposición sobre un tema que lles gustaba ou simplemente compartiron un conto con nós. Este tipo de actividades axudan a fomentar a responsabilidade, a traballar a expresión oral, a enfrentarse a falar en público e defender as súas ideas, así como solucionar dúbidas. Todo isto failles sentir responsables e autónomos e aumenta a súa autestima.











jueves, 3 de marzo de 2022

PRACTICAMOS

 

TRABALLO PARA PRACTICAR A CONCIENCIA FONOLÓXICA 

CONCIENCIA FONOLÓXICA

 

DE 

 
Blog de recursos educativos para el aprendizaje de la lengua

martes, 8 de febrero de 2022

CONCENTRACIÓN

 A concentración á hora de traballar é moi importante, por iso temos claro que o respecto por un clima de traballo favorable é básico para poder avanzar. RESPECTO, de cara aos meus compañeiros e compañeiras, á mestra, ao momento e ao ambiente, desde a calma...


E non foi casualidade é o momento de concentrarse para traballar...



viernes, 4 de febrero de 2022

FELICITACIÓN

 Hoxe está de aniversario Alexander. Todos e todas se lembraron de que hoxe é o seu día, e que está na casa porque non pode vir ao cole estes días... Con todo o noso cariño, para ti, Alexander. Agardamos a que volvas para celebralo xuntos.

Unha aperta forte!!



jueves, 3 de febrero de 2022

OS DEREITOS DA INFANCIA

 Hoxe traballamos os dereitos da infancia. Xa vimos que os nenos e nenas teñen dereito a que os coiden e os queiran, a ter unha familia, a ter asistencia médica e dereito á educación. Continuamos falando, pensando e comentando os demais dereitos...


Dereitos da infancia simple


Dereitos da infancia Ampliado


FACEMOS A PÁXINA 5

PARA FACER...

lunes, 10 de enero de 2022

1º día despois do Nadal!

 Hoxe voltamos á aula despois de cargar as pilas no Nadal, e agardábannos varias sorpresas... Foi un día moi intenso!!!



lunes, 20 de diciembre de 2021

miércoles, 27 de octubre de 2021

miércoles, 13 de octubre de 2021

PRIMEIRO MES EN PRIMEIRO

 Levamos un mes de clase, coñecéndonos, aprendendo a respectar novas normas, a asumir novos retos, a familiarizarnos con un novo traballo.... Pouco a pouco imos avanzando neste novo curso, aprendendo a ter calma, e aprendendo a escoitar, a escoitarnos. Aquí vos deixo unhas pinceladas do que non se ve, pero deixa pegada...



lunes, 4 de octubre de 2021

TRABALLO COOPERATIVO

 Hoxe fixemos unha actividade realmente difícil e rematou con enfados, tristezas e algún que outro choro, pero precisamente por todas esas dificultades é moi necesaria. 

Hoxe tiveron que debuxar UNHA "Bolboreta Silandeira" por mesa, de maneira que todos os nenos e nenas da mesa participaran co acordo do grupo. O feito de que a miña idea non se leve a cabo ou que se faga unha idea que a min non me convencía foi difícil de asimilar polos nenos e nenas, pero fixemos un gran traballo de colaboración, empatía, solidariedade, respecto, frustración,... Emocións que debemos experimentar, aprendendo a valorar aos demais e a traballar en EQUIPO.

Só un equipo de catro foi capaz de facer o debuxo sen conflitos, pero acabaremos conseguíndoo todos e todas!!

E como non... acabamos coñecendo á "BOLBORETA SILANDEIRA"




FOTOS FIN DE CURSO

 Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!! trim1-1 --> https:// we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https...