Hoxe fomos ver o concerto tan desexado, para ver o vídeo visita o blogue da biblio!!
Archivo del blog
miércoles, 27 de octubre de 2021
Inauguramos a biblio!!!
Na semana das bibliotecas fixemos actividades especiais e o día celebrámolo con un fantástico contacontos. Ollade o blogue da biblio para velo!!!
miércoles, 13 de octubre de 2021
PRIMEIRO MES EN PRIMEIRO
Levamos un mes de clase, coñecéndonos, aprendendo a respectar novas normas, a asumir novos retos, a familiarizarnos con un novo traballo.... Pouco a pouco imos avanzando neste novo curso, aprendendo a ter calma, e aprendendo a escoitar, a escoitarnos. Aquí vos deixo unhas pinceladas do que non se ve, pero deixa pegada...
lunes, 4 de octubre de 2021
TRABALLO COOPERATIVO
Hoxe fixemos unha actividade realmente difícil e rematou con enfados, tristezas e algún que outro choro, pero precisamente por todas esas dificultades é moi necesaria.
Hoxe tiveron que debuxar UNHA "Bolboreta Silandeira" por mesa, de maneira que todos os nenos e nenas da mesa participaran co acordo do grupo. O feito de que a miña idea non se leve a cabo ou que se faga unha idea que a min non me convencía foi difícil de asimilar polos nenos e nenas, pero fixemos un gran traballo de colaboración, empatía, solidariedade, respecto, frustración,... Emocións que debemos experimentar, aprendendo a valorar aos demais e a traballar en EQUIPO.
Só un equipo de catro foi capaz de facer o debuxo sen conflitos, pero acabaremos conseguíndoo todos e todas!!
E como non... acabamos coñecendo á "BOLBORETA SILANDEIRA"
SUMANDO TALENTOS
Como xa vos contarían os nenos e nenas somos unha máis!! O venres incorporouse ao grupo Emily e recibímola cos brazos abertos. BENVIDA EMILY!!
FOTOS FIN DE CURSO
Queridas familias. Póñovos os enlaces para descargar, a ver se desta vai!! trim1-1 --> https:// we.tl/t-xDpsxmyKU1 trim1-2 --> https...
-
Hola chic@s, ¿Cómo están? Espero que bien y vuestras familias. Esta semana vamos a trabajar el maravilloso mes de MAYO, el mes de las f...
-
Corrección de ejercicios: - Página 117 3º problema del ejercicio 5 https://youtu.be/7loMkEVrzbQ - Página 117 4º problema del ejerc...
-
Bo día! Aquí deixo un enlace para quen necesite consultar como estamos a practicar na aula a división. https://www.youtube.com/watch?v=E...